miércoles, 31 de diciembre de 2008

HORARIOS 3-4 XANEIRO

- Modestos F. Sala: Descansa.
- Xuveniles: S.D. Touro 1(Samuel) - San Pedro 4. Sábado ás 16 horas en Loxo.
- Infantiles: Descansa.
- Benxamíns F-7: S.D. Touro 4 (Marcos 3, David)- At. Melide 5. Sábado ás 11 horas en Loxo.
- Prebenxamíns: Descansa.

jueves, 25 de diciembre de 2008

SEGUNDA VICTORIA CONSECUTIVA (XUVENILES)

No partido suspendido no seu día ante o San Marcos B, conseguiron os nosos xuveniles a súa segunda victoria en 3 días, máis que no resto da tempada; e é que últimamente o equipo está a creer nas súas posibilidades e non se amedrenta ante nada.
Como dicíamos, vistábanos o San Marcos B, reforzado con algún xogador do seu equipo A, pero iso non foi obstáculo para que os nosos impuxesen o seu mellor xogo, que de non ser pola excelente actuación do seu porteiro ( era un dos reforzos) o resultado puido ser moi abultado.
Comezou o encontro co dominio dos nosos, que non éramos capaces de traducir en gol, uhnas veces polo acerto do porteiro rival e outras polo desacerto dos nosos. Mediada a primeira metade, pasamos un pequeno bache de xogo, posibilitando dúas boas ocasións do rival, que Segade se encargou de desfacer.Logo disto o equipo refíxose e no tramo final deste período fomos moi superiores ó rival, que apoiado no bo facer do seu porteiro ante os disparos de Víctor e Liñeira, éste por dúas veces, logrou chegar ó descanso co 0-0 inicial.
Na segunda metade máis do mesmo, clara superioridade dos nosos, que non conseguían batir a portería rival, ata que de tanto que foi o balón cara a portería rival, Chichi remata, o porteiro toca o balón, pero non consegue evitar que o primeiro suba ó marcador. De seguido bo balón en profundidade para Chichi, que supera en velocidade á defensa rival e bate de tiro raso cruzado ó porteiro colocando o 2-0. De aquí ata o final, superioridade clara dos nosos que aínda acadaron dous goles máis, por medio de Samuel e César, pero puideron ser máis.
O peor do encontro a expulsión de Borja, por dobre amonestación a falla de dous minutos para o remate, coma sempre por tonterías.
Agardemos que o novo ano comeze como rematou este.

BO NADAL E PRÓSPERO ANO A TÓDOLOS INTEGRANTES DA S.D. TOURO.

domingo, 21 de diciembre de 2008

VICTORIA DOS XUVENILES


Tivemos que esperar case unha volta completa para ver unha nova victoria dos nosos xuveniles, a primeira fora na xornada 1 ante o Amio, pois só falta un encontro para o remate da primeira volta. Pero a espera mereceu a pena e hoxe vimos o verdadeiro potencial do noso equipo xuvenil, derrotando ó Belvís (6º clasificado) con claridade por 1-4 no seu terreo de xogo.


Como non podía ser doutro xeito, comenzamos perdendo, non sen antes desperdiciar dúas boas ocasións nas botas de Antón. Pero lonxe de virse abaixo, os nosos loitaron o indecible e pouco a pouco foron impoñendo o seu fútbol, ata lograr trenzar unha boa xogada, na que Samuel combina con César, que lle devolve o balón á espalda da defnsa, para que Samuel de bonito tiro cruzado poña o empate a un.


Xa na segunda metade, os nosos seguiron facendo bo fútbol e tomaron o mando do encontro, adiantándonos por medio de Antón, que aproveitou un balón solto naárea rival para establecer o 1-2. Non quedou ahí a cousa xa que mediada a segunda metade César rouba un balón en medio campo, ve adiantado ó porteiro rival e de preciosa vaselina pon o 1-3. A raíz deste tanto o rival estirouse e dispuxo de dúas boas ocasións que Segade e defensa se encargaron de debaratar. Xa co tempo cumprido e co rival con 10 ( empregáronse con excesiva dureza no treito final do encontro) César cun bo disparo dende a frontal pon o definitvo 1-4.


Espermos que mañán no encontro aprazado co San Marcos B o equipo volte a dar boa imaxe e sumar tres novos puntos que nos axuden a abandoar os últimos postos da clasificación. Vémonos en Loxo ás 20 horas.


Aliñación: Segade, Iván, Rubén, Mareque, Daniel, Joaquín ( Darío), Liñeira, Samuel, Antón, Chichi ( Fran) e César.

DERROTAMOS A UN DOS INVICTOS (PREBENXAMÍNS)

Estes cativos non nos deixan de sorprender, a súa progresión é inmellorable, e a mesma vese encontro tras encontro. Terceira victoria nos últimos catro partidos.
Desta volta victoria ante o La Salle B, un dos dous equipos que quedaban invictos no grupo, e que só recibira catro goles ata o de agora. Pois ben os nosos non só foron quen de derrotalos, tamén lles endosaron seis goles dunha tacada, máis que nos catro anteriores. Todo isto despois de comenzar perdendo, pero pouco a pouco fómonos facendo co control do partido e empatamos por medio de Iago L., así chegamos ó descanso.
Na segunda metade, clara superioridade dos nosos, que cun Tomás desequilibrante, acadaron catro novos goles,todos eles conseguidos por él, que deixaban o marcador moi definido, co que aproveitamos para darlle descanso. Pero non quedou ahí a cousa, xa que nun contraataque ben levado por Manuel, este encargouse de batir ó porteiro por sexta vez e de establecer o 1-6 definitivo.
Destacar a entrega e bo traballo de todo o equipo, que como xa dixemos no inicio progresan a pasos axigantados.

VICTORIA ANTE O COLISTA ( BENXAMÍNS)


Visitábanos o colista, e como era de esperar, o partido resultou moi fácil para os nosos, que foron sumando goles ata chegar ós 12. Destacar que neste encontro conseguiron anotar tódolos xogadores do equipo, incluído Jesús, agás Quintás que hoxe non foi quen de repetir.


Agora toca descansar e repoñer forzas ata o día 2 de Xaneiro, que voltaremos ós adestramentos, co fin de preparar o encontro aprazado no seu día pola neve contra o Melide e que desputaremos o día 3 de xaneiro ás 11 horas en Loxo.

VOLVEMOS Ó BO CAMIÑO (INFANTILES)


Despois de 6 derrotas consecutivas, voltamos a atopar o camiño da victoria, desta volta ante o Cidade de Santiago B en Loxo.

Recuperamos para éste encontro a Liñeira, lesionado dende hai mes e medio, e a Andrea, pero non a Álvaro e Juán ( agora arrestados polas notas), nin a Andrés e Pascual ( seguimos sen novas deles).


Comenzamos o encontro dominando e tendo a posesión do balón, ó tempo que estragábamos dúas boas ocasións para adiantarnos no marcador, algo que non fixo o rival, que no seu primeiro disparo a gol, acertou e puxo o 0-1, reaccionamos de seguido e desta volta Manuel atinou coa meta rival poñendo o empate a 1. Lonxe de servir de estímulo, o gol, parece que nos durmiu e a saída dun corner e no seu segundo remate entre os tres paus, chega o 1-2. Así fomos ó descanso.

Na reanudación, e tralos trocos feiros no inicio da segunda metade, o equipo fíxose co control do balón e do partido, as ocasións empezaron a sucederse e os nosos déronlle a volta ó marcador con goles de Xurxo, Adri e Raúl.

En definitiva, victoria traballada e non menos merecida, ante un rival que nunca lle perdeu a cara ó encontro e que agardemos dirva para que os nosos recuperen a autoestima, e os bos resultados continúen.

Aliñación: Rubén, Diego, Lucas, Liñeira, Martín, Raúl, Adrián, José Luís, Andrea, Manuel e Xurxo. Tamén xogaron Lara, Aitor e David.

PLENO VICTORIAS

Había tempo que non se vía, xa non lembramos cando foi a última vez, pero esta fin de semana tivemos un pleno de victorias de tódolos equipos do clube. Dende os máis cativos ata os maiores.
Esperemos que non sexa a última da tempada e que se repita con máis frecuencia.

Ánimo nenos/as e a seguir traballando para conseguir bos resultados.

martes, 16 de diciembre de 2008

FIN DE SEMANA 20-21 DECEMBRO

- Modestos F. Sala: S.D. Touro 4(Puga 2, Chicho e Dani)- El Rápido 0.
- Xuveniles: Belvís 1 - S.D. Touro 4 (César 2, Samuel e Antón).
- Infantiles: S.D. Touro 4 (Raúl, Manu, Xurxo e Adri)- Cidade de Santiago B 2.
- Benxamíns F-7: S.D. Touro 12 ( Dani 2, Pena, Jesús, David, Brais, Jose,Marcos, José, Xian 2)- Silleda C 0.
- Prebenxamíns: La Salle B 1- S.D. Touro 6 (Tomás 4, Iago L.,Manuel).

domingo, 14 de diciembre de 2008

DERROTA DOS XUVENILES


Tras unha primeira metade igualada, na que dispuxemos de varias ocasións de gol, nos pes do sempre incombustible césar, e da nova fichaxe Samuel, chegouse ó descanso co 0-1 en contra, pois o Villestro si aproveitou unha das que tivo.


Na reanudación, tentaron os nosos acadar a igualada, pero o cansancio fixo mella nas nosas filas, xa que non tiñamos trocos e pouco a pouco o rival foise estirando e tras un par de boas estiradas de Segade, chega o 0-2, e a continuación o terceiro e o cuarto.


Sería importante contar con tódolos xogadores en cada encontro, co fin de darlle osíxeno ó equipo nas segundas metades.


Aliñación: Segade, Mareque, Víctor, Daniel, Damián, Joaquín, Liñeira, Samuel, Chichi, Rubén e César.

DERROTA DOS INFANTILES (REMATAN OS ALPES)


Nunha mañán fría e con choiva os nosos saíron derrotados con claridade. Derrota debida en maior medida á desidia dos nosos a partir do minuto 30 da primeira metade, e sobre todo na segunda parte, pois seguen incurrindo nos mesmos erros e defectos que en partidos anteriores.

Se á media hora o resultado era de 2-1 en contra, e iso cas baixas de Álvaro, Juán, Andrés, Liñeira, Andrea e Pascual, unha vez encaixado o 3-1, nova baixada de brazos que tivo como resultado outra goleada ante o segundo clasificado, nada menos que 14 goles en contra.

Agardemos que unha vez pasados os encontros en teoría máis compricados, e ca recuperación dos distintos xogadores, Liñeira ( unha vez recuperado da súa lesión tras mes e medio), Juán e Álvaro ( Se é que non chove o vindeiro sábado), Andrea ( superado o virus), Andrés e Pascual ( desaparecidos), sexamos quen de voltar ó camiño das victorias.

Aliñación: Rubén, Diego, Lucas, Adrián, Martín, Raúl, Manuel, José Luís, David, Xurxo(Lara min.40) e Aitor.

NOVA VICTORIA DOS PEQUES

Segue a progresión dos máis cativos, que hoxe cas baixas de dous xogadores de último ano ( Xian e Iago L.), foron quen de gañar ó Concello de Ames por 2-1, con dous goles de Martín, un en cada tempo.
Destacar que aínda que o partido estivo entretido, merecimos algún gol máis, pero os nosos non estiveron atinados, polo que houbo que sufrir ata o final.

Aliñación: Miguel, Tomás, Salva, Martín (2) e Dani. Tamén xogaron Iago C., Alberto e Manuel.

VICTORIA DOS BENXAMÍNS


Tocaba o Silleda B, un dos colistas da clasificación, e o partido resultou fácil, dende o principio ata o remate.

Puxémonos de seguido con vantaxe, tras dúas boas internadas de Brais pola banda, que culminaron con dous bos remates por parte de Marcos e Xian, a continuación o 3º, obra de Dani en estratexia á saída dun corner, e a partir de aquí a dar minutos ós que menos xogan e a probar ós xogadores en distintas posicións, para observar o seu rendemento.

Dicir que o gol do Silleda foi en claro fora de xogo, pero hoxe non influíu no resultado esa decisión arbitral.

Aliñación: Jesús, Dani(3), David(1), Marcos (1), Xian (2), Brais(1) e José. Tamén xogaron Pena e Quintás (1).

martes, 9 de diciembre de 2008

HORARIOS 13-14 DE DECEMBRO

- Modestos F. Sala: Decoraciones Iglesias 2 - Touro 11 (Moi 4, Richi 3, Puga 2, Fran e Chicho).
- Xuveniles: Touro 0 - Villestro 4.
- Infantiles: Cruces 14 - Touro 1 (Manuel).
- Benxamíns F-7: Touro 9 ( Dani 3, Marcos, Brais, David, Quintás, Xian 2)- Silleda B 1.
- Prebenxamíns: Touro 2 ( Martín 2) - Concello de Ames 1.

domingo, 7 de diciembre de 2008

VICTORIA DOS BENXAMINS

Contra o Cruces, xogamos en Loxo, xa que invertimos o orde dos partidos, e resultou ben, pois chegou a segunda victoria da tempada, e a primeira na casa.

Dominamos ó rival durante todo o encontro, e o marcador foi escaso para as ocasións xeradas polos nosos cativos; pero o rival aproveitou a pegada do seu mellor xogador que despois de marcar o 1-0, empatou tirando dende o medio do campo no saque do gol, ó coller a Jesús algo adiantado. Non se viñeron abaixo os nosos e adiantámonos de novo por medio de Dani, que cun tiro dende lonxe, superou ó cancerbeiro visitante por arriba para poñer o 2-1.De seguido o 3-1, obra de Brais tras culminar unha boa xogada persoal. Con este resultado chegouse ó descanso.
No comenzo da segunda metade o rival estirouse, tratando de achegarse no marcador, e froito desa insistencia, chegou o 3-2, que poñía emoción e incertidume no encontro; pero de novo apareceu Dani que cun despexe dende o noso campo, que se envenenou, superou ó porteiro rival e estableceu o 4-2 que xa parecía definitivo. Nada máis lonxe da realidade, xa que logo fallamos varias ocasións moi claras de sentenciar definitivamente o encontro, e de seguido Brais cedeu para Jesús, que colle o balón ca man, o árbitro pita a cesión e no saque da falta chega o 4-3, que poñía as cousas compricadas a falla de só 2 minutos para o remate. Pero non quedaría ahí a cousa, xa que tras unha boa xogada de Brais, este centra para que José rematando de primeiras, coloque o balón no fondo da meta rival e deixando o 5-3 definitivo, pois xa non se chegou a sacar de centro.

Aliñación: Jesús, Pena, David, Dani, José, Brais e Quintás. Tamen xogaron Marcos e Tomás. Non asistiron Xian por motivos familiares e Jose, que non apareceu, despois de vir adestrar o venres.

DERROTA DOS XUVENILES

Desta volta, ante o Portomouro, nun campo en malas condicións e nunha tarde de cans, máis propia para estar detrás da cociña que xogando ó fútbol, pois a auga non deixou de caer en todo o encontro. Se a isto lle sumamos un colexiado pésimo ( para ambos bandos) e que non soubo frear o xogo duro dos rivais ( do que logo se contaxiaron os nosos), danos o resultado final de 4-1 en contra. Empezou o encontro igualado, cos nosos tratando de contrarrestar o xogo directo do rival, pero nun rexeite, aproveitan para poñer o 1-0, ó coller a Segade algo adiantado. Con esta tónica chegouse ó descanso, non sen antes perdoarlle a expulsión ó dianteiro rival, por tentar agredir a Liñeira ( 1º erro grave).

Na segunda metade o equipo saiu enchufado e con ánimo de levantar o encontro, pero as ocasións non acababan de entrar, e nesas estábamos cando nun saque longo do porteiro, Daniel non mide ben, o balón bota e supérao, aproveitando o seu dianteiro para batir a Segade e poñer o 2-0. De seguido o 2-1 por medio de Darío, e logo varias ocasións máis, coma un man a man de Chichi que tira fora. Noutra contra chega o 3-1 que parecía definitivo, pero aínda se puido entrar de novo no encontro se Chichi acertase a empuxar a portería vacía un pase de César. Xa no desconto chega o 4-1, por medio dun penalti que Segade deten en 1ª instancia, pero non o rexeite.

En definitiva, nova derrota, aínda que está vez non se pode dicir que non lle puxesen gañas, uns máis que outros, pero tentárono ata o final.

Aliñación: Segade, Ivan, Borja, Damian, Daniel, Joaquín, Liñeira, Chichi, Antón, César e Darío.

GOLEADA ANTE O LIDER

Visitávanos o Lider, Xuventude Oroso, único equipo invicto do grupo. Partido bastante igualado na primeira metade, na que os nosos loitaron o indecible ante a superioridade física da maioria dos xogadores rivais, pois máis parecian xuveniles que infantiles; aínda que co paso dos minutos o rival fixo valer esa superioridade de envergadura e forza, para chegar ó descanso con ventaxa de 0-4.

Na continuación, pouco que dicir, xa que os nosos baixaron os brazos e os goles ían chegando un tras outro, ata completar o 0-13 final.

Dicirlle ós nosos que a actitude boa é a da primeira metade, e que sexa cal sexa o resultado, hai que loitar ata o final, non deixarse levar e desaparecer do partido.

Aliñación: Rubén, Diego, Lucas, Adrián, Martín, Raúl ( Aitor min. 50), Manuel, Álvaro, José Luis, Xurxo (Andrea min.55) e Juan ( Lara min. 60).

miércoles, 3 de diciembre de 2008

PARTIDOS FIN DE SEMANA

- Modestos F. Sala: Touro 4 ( Chicho 2, Martín e Puga)- Cafet. Sta. Isabel 0.
- Xuveniles: Portomouro 4 - Touro 1.
- Infantiles: Touro 0- X. Oroso B 13.
- Benxamíns: Touro 5 - Cruces 3.
- Prebenxamíns: Descansa.

P.D.: Seguen á venda as últimas rifas da PS3 para o sorteo de nadal, os que aínda non teñan ningunha, que pregunten no clube.

lunes, 1 de diciembre de 2008

BENXAMÍNS ( SUSPENDIDO POLA NEVE)

Non vaiades pensar mal, non non, non había neve en Loxo, pero si en Melide e en Lalín, localidades das que tiñan que vir os contrarios e máis ó colexiado, e que lles impedía desprazarse con normalidade, polo que se decidiu suspender o encontro tras falar con nós o rival e máis o colexiado a iso das 12 por teléfono, por iso non se vos puido avisar antes.

Agora a adestrar duro esta semana e a tentar de superar ó Cruces o vindeiro Sábado.

DERROTA POLA MÍNIMA DOS PREBENXAMÍNS

Foi ante o Bertamiráns e pola mínima 2-1. Bo encontro o realizado polos nosos, que se decidiu cerca do remate do mesmo nun erro noso ó defender un saque de esquina. Previamente empatou Tomás tras un bo lanzamento de falta.

Comenzaba o encontro con moita igualdade e xogo no centro do campo, ata que eles nos sorprenden nun saque de banda e aproveitan un balón solto para batir a Miguel e poñer o 1-0 ó seu favor, un Miguel que por certo, asinou a súa mellor actuación no que vai de liga ( só nos falta mellorar no saque), e que detía todo o que se achegaba pola meta. Logo moita igualdade de novo ata o descanso.
Reanudouse o encontro, e nós a tentar empatar e eles a marcar o segundo, e niso estábamos cando aparace Iago L. nunha boa xogada, tan boa que ó rival non lle quedou outro remedio que facerlle falta, que como dixemos ó principio, Tomás se encargou de transformar para poñer o empate a 1. O demáis xa o coñecedes.

En definitiva, os máis cativos do clube, pouco a pouco vanse aclimatando á categoría e a iso de competir con outros nenos, respetar as posicións etc... e mellorando encontro tras encontro, aínda que a algúns pais cóstalles ver esa melloría ( paciencia papás que nada se fai nun día).

DERROTA DOS INFANTILES NUNHA PISCINA

Si, máis que fútbol aquelo parecía natación, xa que nalgunha zona do magnífico campo de Marrozos a auga tiña varios centímetros de profundidade, sobre todo nas porterías, o que ó longo do encontro evitou máis dun gol por ambos bandos. Pero de tódolos xeitos o peor non é o estado do terreo de xogo, nin a choiva, nin o frío, nin sequera a derrota, senón a falta de auga quente nas duchas ó remate do encontro, que debe ter uns acumuladores para que se duchen dúas persoas, que iso foi o que pasou, e xa non é nin a primeira nin a segunda vez que nos pasa ( alguén terá que tomar medidas). Se é no verán pois non pasa nada, un pouquiño de auga fría e listo, pero nun día en pleno temporal coma o pasado sábado e cos nenos/as cansos e fríos, é sangrante, sobre todo nos tempos que corren. Non sei a quen lle corresponde arranxar o problema,se hai que poñer acumuladores máis grandes ou se hai que poñer caldeira de gas ou gasoil, pero iso non debe voltar a repetirse.
Do partido, dicir que os 22 valentes que sairon a xogar, puxeron todo o seu empeño en facer algo de fútbol, correron o indecible ( sobre todo pq se non corrían quedaban tesos),e loitaron contra o rival e os elementos meteorolóxicos.
Acudimos ó enconro con 14 efectivos, pois á baixa xa coñecida de Liñeira, sumáronse as de Pascual (parace que lesionado) e as de Juán e Álvaro ( castigados).Desta volta non se pode dicir que o equipo pasase do encontro, pois loitaron dende o minuto 1 ata o remate, e dese xeito fomos con desventaxa ó descanso 1-0, aínda que puidemos empatar se a poza da portería non frease un tiro de falta de Raúl, se ben é certo que eles tamén puideron marcar outro do mesmo xeito. Na segunda metade o equipo seguiu a pelexar e dispuxemos de duás boas ocasións para empatar nos pes de Manuel nun man a man co porteiro rival, que éste resolveu ó seu favor, e un posterior tiro de Martín ó poste. Así chegamos ó ecuador da segunda metade, con ocasións por ambos bandos, e coas pozas xogando malas pasadas. Xa pasado o minuto 30 recibimos o 2-0 nunha bonita xogada do medicoentro rival, e a continuación o 3-0 que sentenciaba definitivamente o encontro.
Aliñación: Rubén, Diego, Lucas, Andrés, Raúl, Martín, Adrián, Andrea ( David), José Luís, Xurxo (Aitor) e Manuel.Non xogou Lara, por petición súa ante o problema das duchas.
Dicirlle dende aquí ós nosos que actitude do outro día é a boa, e que con esa intensidade son capaces de sorprender a calquera, con baixas ou sen elas. Ese é o camiño a seguir para voltar á senda dos triunfos. Noraboa rapaces polo esforzo realizado.

RESULTADOS 29-30 NOVEMBRO

- Modestos F. Sala: Touro 2 - Seguros Groupama 0.
- Xuveniles: Descansa.
- Infantiles: Cia. María 3 - Touro 0.
- Benxamíns F-7: Touro - Melide. suspendido ó ter problemas para desprazarse o Melide e o colexiado por mor da neve.
- Prebenxamíns: Bertamiráns 2 - Touro 1 ( Tomás).

domingo, 23 de noviembre de 2008

1ª VICTORIA DOS PREBENXAMÍNS

Houbo que esperar, pero a espera mereceu a pena, na terceira xornada non só marcaron ( aínda non o fixeran), senón que gañaron e convenceron, nun partido que dominamos dende o inicio.
Resultado final Touro 6- Villestro 2.

- Aliñación: Miguel, Tomás (2), Iago López (3), Salva (1) e Dani. Tamén xogaron Iago Codesido, Xian, Alberto, Manuel e Martín.

Ánimo e a seguir adestrando igual.

EMPATE DOS BENXAMÍNS

Desta volta foi en Lalín, e ante un equipo dos da parte alta da táboa, e que só perdera un encontro.
Puidose gañar, puidose perder e ó final empatouse.Nun partido xogado de poder a poder, no que os nosos sairon enchufados dende o minuto 1, ben posicionados en defensa e tratando de saír con bo criterio en ataque, as ocasións foron escasas na primeira metade, destacando dúas boas intervencións do noso "Casillas" en sendos man a man co dianteiro rival. Os nosos dispuxeron de dúas aproximacións perigosas que non atoparon a rede rival. Así as cousas chegouse ó descanso co 0-0 inicial, e cos contendentes algo cansos polo esforzo realizado.
Despois duns pequenos consellos, e de beber algo de auga, saltaron ó terreo de xogo para continuar co encontro, e non sabemos se foi pola auga que nos caeu do ceo neses intres, os nosos comezaron algo fríos e na primeira xogada chega o tanto local nun despiste da defensa; pero lonxe de virse abaixo, seguimos empuxando e tras unha boa xogada de todo o equipo, Marcos asiste a Xian que bate ó cancerbeiro local poñendo un máis que merecido empate. Pouco duraría a alegría, pois o dianteiro local, aproveita un erro de Dani, para facerse co esférico e superar a Jesús por baixo. Voltamos a repoñernos e empatamos por medio de Brais cando xa estaba a rematar o encontro, nese intre o adestrador local, volta a introducir no campo ó seu dianteiro ( xa nos marcara 2) e os rivais dispoñen de dúas boas ocasións que entre os postes, Jesús, a defensa e un chisquiño de sorte, conseguen evitar o tanto local. de seguido chégase ó remate do encontro co resultado de 2-2, merecido, polo esforzo feito polos nosos cativos, que como algún pai di, ilusionan...................................................
Destacar desta volta o bo comportameno dos pais á hora de chegar ó campo, o que contribuíu a que se piudese quentar ben e prepararse para o partido.
- Aliñación: Jesús, Dani, David, Marcos, José, Xian (1) e Brais(1). Tamén xogaron Pena e Quintás.

GOLEADA EN XUVENILES

Pouco hai que dicir deste partido, que comezou cun gol en contra no minuto 1, por xentileza do "señor" colexiado do encontro, ó sinalar coma man un saque de portería de segade, a partir de ahí o rival basou todo o seu xogo no seu punta, ó que a nosa defensa non foi quen de frear en todo o encontro. Ó descanso 3-0, e con escasas ocasións de gol pola nosa parte.

A segunda metade, empezou cos nosos tentando meterse no encontro, pero as ocasións non acababan de entrar, entre elas unha dobre de chichi e darío, que o porterio se encargou de desbaratar, e na súa primeira chegada o 4-0, a partir de aquí dominio a pracer dos locais que foron sumando goles ata chegar ó 9-0 final, facilitado pola baixada de brazos dos nosos.

A parte positiva do encontro foi que desta volta tiñamos cambios, e é que viaxaron 13 xogadores, algo que non se vía dende o partido de O Pino.

RESULTADOS 22-23 NOVEMBRO

- Xuveniles: La Salle 9 - Touro 0.
- Infantiles: Descansa.
- Benxamíns: E.F. Lalín B 2 - Touro 2 ( Brais e Xian).
- Prebenxamín: Touro 6 ( 3 iago l.,2 tomás, 1 salva)- Villestro 2.

viernes, 21 de noviembre de 2008

HORARIOS 22- 23 NOVEMBRO

- Modestos fútbol sala: Toño peluqueros 1 - S.D. Touro Deportes M.C. 1.
- Xuveniles: La Salle - S.D. Touro. Sábado ás 19,30 horas en Sta. Isabel.
- Infantiles: Descansa.
- Benxamíns: E.F. Lalín B - S.D. Touro. Sábado ás 12,45 en Lalín.
- Prebenxamíns: Villestro - S.D. Touro. Sábado ás 17,00 no pavillón Apostol Santiago.

domingo, 16 de noviembre de 2008

DERROTA DOS BENXAMÍNS

Segunda derrota no que vai de tempada dos benxamíns, desta volta ante o líder sp. Estrada, que demostrou que a súa posición non é casualidade, xa que, se ben en defensa non eran exquisitos, en ataque a súa multiplicidade de recursos e xogadores fainos moi perigosos.
En definitiva, bo encontro dos nosos, que aguantaron ó lider na primeira metade, 1-3 ó descanso, pero tendo en conta que tralo empate acadado por Marcos, eles puxeronse por diante a falla de 5 minutos para o descanso, cun gol no que existía falta sobre o noso Casillas, Jesús, e marcaron o 1-3 no tempo de desconto, tras un rexeite que favoreceu ó rival.
Na segunda metade, empezouse mal, xa que recibimos dous goles nada máis comenzar, pero de ahí ó final moita igualadade, se ben os nosos dispuxeron de pouas ocasións de gol.
Esperemos que sigan nesta liña de loitar ata o final, e os resultados chegarán.
O peor do encontro, foi de novo a falla de puntualidade dalgúns xogadores, supoñemos que de novo por mor dos pais e das autoridades eclesiásticas ( que están empeñados en fastidiar en tódalas categorías), se a semana pasada eran uns, esta semana tocoulle a outros, así que hai para todos, e se se segue a repetir, seguirá aparecendo nos nosos comentarios.

RESULTADOS 15-16 NOVEMBRO

- Xuveniles: Touro - San Marcos B, non se presentou o San marcos B, polo que supoñemos que será 3-0 ó noso favor.
- Infantiles: Amio 11 - Touro 0.
- Benxamíns: Touro 1 - Sp. Estrada A 6.
- Prebenxamíns: Rebordelo 11 - Touro 0.

jueves, 13 de noviembre de 2008

ANALISE DA XORNADA DE INFANTILES

Nesta xa 7ª xornada da liga de infantiles, os resultados ,comenzan a ser máis axustados na maioría dos encontros, xa que houbo tres empates, unha victoria pola mínima, outra por dous goles, e logo a goleada do Cia de maría ante o cidade B. Destacar o empate entre o Cruces e o Amio, así coma o empate entre o San Pedro e o Melide, pois unha vez visto o potencial do Melide no seu terreo de xogo, sorpréndeme este resultado, se ben hai que ter en conta que o partido se desputou no magnífico campo de marrozos, que nada ten que ver ca superficie sintética na que están acustamos a xogar.
Resultados:

La Inmaculada - Belvís 3 - 1
San Mamed - Tordoia 2 - 2
San Pedro - At. Melide 2 - 2
Touro - EF Lalín B 2 - 3
Cruces - Amio 3 - 3
Ciudad B - Cia. Mª Stgo. 0 - 7
San Marcos e Oroso B - Descansa.

En canto ós nosos, derrota pola mínima fronte a un Lalín B que non sabía o que era gañar, pero que demostrou ter un espíritu de loita incansable, que lle valeu para remontar un 2-0 en contra, ó aproveitar a relaxación e os erros defensivos dos nosos na segunda metade.

Polo demáis empeza a definirse a parte alta da táboa, con tres equipos máis destacados, Cruces, Cia de maría e Xuventude Oroso B. Esta zona alta podería quedar definida despois do encontro deste fin de semana entre o Cia de María e o Xuventude Oroso.

No resto, moita igualdade nos equipos da metade da táboa, e van quedando descolgados outros coma o San Marcos e Tordoia, que aínda non coñecen a victoria.



Estos foron os resultados:

HORARIOS 15-16 NOVEMBRO

- Modestos fútbol sala: S.D. Touro/ Deportes MC 3- Feva Hosteleria 2.
- Xuveniles: S.D. Touro - San Marcos B. Sábado ás 17,45 en Loxo.
- Infantiles: Amio - S.D. Touro. Sábado ás 11,00 en Marrozos.
- Benxamíns F-7: S.D. Touro - Sp. Estrada A. Domingo ás 12 en Loxo.
- Prebenxamíns F. Sala: Rebordelo - S.D. Touro. Sábado ás 13 horas en Lamas de Abade.

domingo, 9 de noviembre de 2008

RESULTADOS 8-9 NOVEMBRO

- Modestos F. Sala: Meigallo 5 - Touro 3.
- Xuveniles: Tordoia 8 - Touro 0.
- Infantiles: Touro 2 - Lalín B 3.
- Benxamíns: Estrada C 1 - Touro 4.
- Prebenxamíns: A inmaculada 7 - Touro 0.

E A TERCEIRA FOI A VENCIDA ( BENXAMÍNS)

Xa o di o refrán, á terceira foi a vencida, logo dunha derrota pola mínima e dun empate, seguimos mellorando e sumamos de tres ante o equipo C do Sp. Estrada.

O peor do partido foi a tardanza en chegar ó campo de varios xogadores, pois ás 15,30 horas só estaban no campo catro Jesús , José, Jose e Dani, logo foron chegando a contagotas o resto, algún co partido xa comenzado. Papás e mamás, hai que ser máis puntuais, pois os xogadores precisan quentar e aclimatarse ó terreo de xogo e as condicións meteorolóxicas, etc....

O partido dominámolo dende o principio ata o remate con claridade, se ben as boas intervencións do gardamallas Local e a falla de puntería dos nosos fixo que ó descanso se chegase con empate a 1, tras marcar eles na seu único disparo a portería, nunha falta que lle botou diante a Jesús e que rematou por entrar.

Na segunda metade dominio claro dos nosos, que despois de fallar varias ocasións, poñen o 1-2, obra de marcos. Pero como pasa sempre cando un equipo está tan volcado sobre a meta contaria, aparece unha contra perigosa que salva Jesús maxistralmente, o que demostra que contamos cun bo gardaredes, xa que é nesas ocasións nas que se ve a un fora de serie, unha chegada perigosa e........................... parada do porteiro. Logo viñeron dous goles máis e os que non quixeron vir, pois nada a garalos para mellor ocasión, que seguro que fan falla.

Aliñación: Jesús, Dani; Jose, Marcos, José, David e Brais. Tamén xogaron Xian, Quintás e Pena.

DERROTA POLA MINIMA EN INFANTILES

Non puido ser, despois dunha primeira parte boa, na que nos fomos gañando por 2 a 0, un baixón na intensidade do noso xogo, e de tres erros en defensa, un de marcaxe no saque dunha falta lateral (innecesaria, xa que o xogador visitante estaba encerrado no curruncho), outro nun mal despexe de álvaro que envía ó balón cara o centro e este é aproveitado por un rival para poñer o empate, e un terceiro ó tirar o fora de xogo ( un dos nosos quedouse enganchado) , logo de que o rival sacase un corner en curto, fixeron que o Lalín B lle dese a volta ó marcador, poñéndose 2-3, a partir de aquí e nos úlimos 15 minutos do encontro, voltamos despertar e tentamos acadar o empate, que ben puido chegar nunha falta lanzada por raúl, que saiu lamendo o pao, ou por unha xogada na que tras unha falta sacada polo noso equipo, manuel se plantaba só ante o cancerbeiro visitante, e o colexiado asubía unha falta ó noso favor por agrrón a raúl, dándose logo conta do seu erro, pero xa non tiña remedio.

Dicir que seguimos cas baixas na liña defensiva, se a semana pasada eran diego Rozas e Andrés, esta semana perdemos a Liñeira para mes e medio aproximadamente, pola rotura da súa man dereita, na clase de E.F., unha mágoa pero agora só queda animarse e recuperarse axiña.

Aliñación: Rubén( Pascual), Diego Rozas ( Andrea min. 60), Lucas ( J.Luís min. 45), Andrés, Martín, Raúl, Juan( Lara), Adrián, Álvaro, Manuel e David (( Aitor min. 25), (Xurxo min.55)).

domingo, 2 de noviembre de 2008

1º PUNTO DOS BENXAMÍNS

Visitábanos o Callobre, e tras un partido moi trabao, empate a 1 gol.

Empezábamos o encontro dominando, e achegándonos a área rival, pero na primeira aproximación do equipo rival, gol en contra, tras unha boa xogada e mellor finalización do dianteiro visitante, cun bo disparo ante o que nada pode facer Jesús.

A partir de aquí, dominio insistente dos nosos, pero sen ocasións claras de gol, ata que brais, moi apagado e chupón no día de hoxe, caza un balón dentro da área rival e marca o 1 empate. logo chegarían máis ocasións, coma un tiro ó longueiro de Marcos tras rexeite do porteiro. Dende aquí ata o final da primeira metade máis do mesmo, nós dominando e eles a defender e tratar de sorprender á contra.

Na segunda metade continuou a mesma tónica, pero xa con menos ocasións, se ben puidemos marcar por medio de Marcos, pero Adrián Pena de xeito involuntario interpúxose no seu camiño.

Agora a tratar de sumar de tres o vindeiro sábado ante o Sp. Estrada C.

Xogaron: Jesús, José, Jose, Brais, Xian, Marcos, Dani, Pena e Quintás.

DERROTA DOS XUVENILES CON 9

En primeiro lugar dicir que o resultado de 0-4 a favor dos visitantes, puido evitarse se:

- A orquesta Olimpus non fixese concertos de 24 horas de duración, e os xogadores e pais tivesen un pouquiño máis de seriedade, así coma implicación co clube ( ou como mínimo información).

Debido a isto e as baixas de Mareque ( recén operado), Darío ( parece ser que lesionado, pois non se dirixiu a nós para comunicalo), Borja ( con gripe para xogar ó futbol, pero sano para pasear pola mañán e agarrarse á moza pola tarde) e as anteriormente mencionadas pola asistencia ó concerto da orquesta Olimpus ( César, Víctor e cremos que puido ser algún máis); tivemos que afrontar o encontro con só nove valentes, que puxeron todo o seu empeño en defender as nosas cores, podendo incluso acadar algún gol.

Aguantamos ben a primeira metade, grazas á táctica do fora de xogo, xa que ó descanso perdíamos por 0-1 e creando algunha ocasión que outra. Na segunda metade, sobre todo pasado o minuto 20, o cansancio comezou a facer mella nos nosos esforzados xogadores e encaixamos tres novos goles, para deixar o partido no definitivo 0-4.

Pola nosa parte, felicitar ós nove valentes e comprometidos xogadores, pola súa actitude e comportamento.

Agardemos que para o próximo desprazamento a Tordoia e xa sen concertos de Olimpus nen Carreiras de coches á vista, así como ca recuperación dos efectivos lesionados, poidamos reunir o número necesario para poder competir en igualdade de condicións.

1ª DERROTA EN INFANTILES

Non se sabe se foi o madrugón ( o partido foi ás 10,30 en Melide), se foi que era festivo ( e como é lóxico os festivos hai que descansar) , se foron as baixas en defensa ( diego con problemas físicos e Andrés fora da convocatoria por non asistir ós adestramentos) ou se foi a choiva que caeu con insistencia durante todo o encontro, pero o certo e que os nosos sairon fríos coma o día, e non estiveron no partido en ningún momento. Xa no minuto 5 encaixamos o primeiro e a partir de ahí recital de xogo e ocasións dos locais, ante un equipo o noso que onte simplemente non estaba. Dende ahí ata o final superioridade local, que foi aumentando a súa conta ata cerrar o 9-0 final.

Esperemos que só fose un mal día, e que se poida voltar á senda dos triunfos o vindeiro sábado ante o Lalín B.

Outros resultados:
- Amio 1 - Oroso B 4.
- Inmaculada 1 - Cidade B 0.
- Lalín B 0 - Cruces 9.
- San Pedro 3 - Tordoia 2.

RESULTADOS 1-2 NOVEMBRO

- Modestos f. sala : Clínica Centro 4 - Touro 0.
- Xuveniles: Touro 0 - Rodeiro 4.
- Infantiles: Melide 9 - Touro 0.
- Benxamíns F-7: Touro 1 - Callobre 1.
- Prebenxamíns: Descansa.

lunes, 27 de octubre de 2008

A XORNADA DE INFANTILES

Estos foron os resultados da xornada:
- San mamede 0 - Belvís 6.
- San Pedro 21 - San Marcos 0.
- Touro 6 - Tordoia 3.
- Cruces 3 - At. Melide 0.
- Oroso B 3 - E.F. Lalín B 1.
- Cia María 2 - Amio 4.
- Cidade B e A Inmaculada - Descansa.

Destacar a 1ª derrota do Cia de María no que vai de liga, a máns de outro dos favoritos a estar arriba o Amio, que deste xeito repónse da derrota sufrida na 1ª xornada ante o Melide. Polo demáis, o de sempre, gañaron os conxuntos clasificados nas primeiras posicións da táboa, uns con máis claridade e outros con menos, e voltou a ser goleado o San Marcos, desta volta polo San Pedro.
Dicir que o Melide, unha vez superado o seu Angliru particular ( dos equipos de arriba só lle falta xogar con nós e será este sábado), debería comenzar a escalar posicións na táboa, pois os rivais que lle restan non asemellan moi compricados. De tódolos xeitos agardemos que reaccionen despois do partido do sábado, o que nos permitiría que os nosos xogadores continuasen invictos e nos postos altos da táboa.
Polo demáis dicir que, ata que haxa enfrontamentos directos entre os primeiros clasificados, a parte alta da táboa e os aspirantes o título non quedarán completamente definidos, xa que ata o momento son varios os equipos con posibilidades.
Ánimo rapaces a a adestrar duro esta semana para seguir sumando de tres, de gañar en Melide daremso un paso adiante na nosa loita.

domingo, 26 de octubre de 2008

BENXAMÍNS ( DERROTA NO DEBUT)

Comezou a liga benxamín, e despois dun bo partido, rematamos derrotados por 5 goles a catro.

Nada máis comezar, encaixamos dous goles, de seguido o terceiro, e todo isto nos dez primeiros minutos, pero lonxe de virse abaixo, os cativos empregáronse a fondo e puxeron cerco á portería rival, creando múltiples ocasións de gol e anotando o 3-1 por medio de Xian á piques de chegar ó descanso.
Na segunda metade, seguimos presionando ó rival, e fruto desa presión, chegaron dous novos goles por medio de José e marcos, poñendo o empate a 3 no marcador, e premiando o labor dos nosos.

Logo o partido nivelouse, e en dous erros defensivos, puxéronse 5-3, pero como os nosos tiñan fame de gol, anotamos o 5-4 por medio de Brais, despois de loitar por un balón ata o final e rematar por introducilo na meta contraria, a falla de 2 minutos. Aínda puidemos acadar o empate pero David entretívose demasiado e fallou o remate a porta no último suspiro.

A vindeira xornada recibimos ó Callobre C.F., se os nosos seguen ca mesma ilusión e gañas, o triunfo pode ser noso. Ánimo e a adestrar duro esta semán.

INFANTILES ( NON SE XOGOU BEN PERO GAÑOUSE)

Pois sí, outra vez, non se xogou ben, sobre todo na segunda metade, pero gañouse. Comezou ben o encontro, pois puxémonos cun 2-0 e fallando ocasións claras, pero coma sempre, na primeira chegada do rival, nunha falta, o 2-1, a continuación puxemos o 3-1 e así fomos o descanso. Na segunda metade o xogo emeporou, pois á falta de acerto e gañas dos nosos, sumouse o acerto do rival que se puxo 3-2, compricádonos o encontro, logo 0 4-2, o 4-3 e xa na recta final do encontro chegaron dous novos goles que puxeron o 6-3 definitivo. O mellor do partido o resultado, o peor, que na segunda metade o equipo estivo falto de ambición, impreciso no pase, fallón de cara a portería, inseguro en defensa, dándolle moitas facilidades ó rival e desganado, como se a cousa non fose con eles.
Agora comenza o máis compricado, pois a vindeira semana, empezan os enfrontamentos directos dos equipos punteiros, esperemos que os rapaces den unha boa imaxe e a poder ser, sumar de tres.

viernes, 24 de octubre de 2008

PARTIDOS 25-26 OUTUBRO

Estes son os partidos do fin de semana:
- Xuveniles: O xa chegou 3 - Touro 1. Sábado ás 16,30 horas en Grixoa.
- Infantiles: Touro 6- Tordoia 3. Sábado ás 11 horas en Loxo.
- Benxamíns F-7: Val do Ulla 5 - Touro 4. Domingo ás 11 horas en Sta. Cruz de Ribadulla.

Modestos fútbol sala, xogado mércores 22 de outubro, Siemens 5- Touro 2 ( Chicho e Puga)

domingo, 19 de octubre de 2008

SEGUIMOS INVICTOS ( INFANTILES)

Pois si, despois de 4 xornadas, seguimos invictos, desta volta a víctma foi o colista San Marcos, que se ben na primeira metade ( 0-2) pelexou moito para non perder o partido ( axudado tamén pola deixadez, falla de puntería e apatía dos nosos), unha vez superado o minuto 10 da segunda metade, e cos cambios introducidos, comenzaron a chegar os goles, nada menos que 8 nos últimos 20 minutos, pois o colexiado pitou o final no minuto 37 da segunda metade; para asinar o 0-10 definitivo. Destacar a Manuel que cos seus cinco goles ( asinou os tres primeiros) contribuiu a acadar a victoria, así como a contribución dos máis pequenos do equipo, os alevíns, que coa súa fame de fútbol e goles déronlle outro ritmo ó ataque e non se cansaron de presionar ó rival.

- Aliñación: José Luís, Diego,Andrés ( David min. 55), Liñeira, Martín, Raúl, Lucas, Adrián ( Aitor min. 50), Andrea ( Rubén min. 48), Lara ( Xurxo min. 40) e Manuel.
Goles: Manuel (5), Xurxo (2), David (2), Aitor(1).

Outros resultados:
- E.F. Lalín B 3 - Cia de María 9.
- Tordoia 2 - S.D. Cruces 12.
- Belvís - San Pedro ( suspendido no min. 16 da 1ª metade ó quedar o San Pedro con menos de 7 xogadores no terreo de xogo, co resultado de 0-0).
- Cidade de Santiago B . Descansa.

RESULTADOS FIN DE SEMANA

- Xuveniles: Touro 1 - Trazo 3.
- Infantiles: San Marcos 0 - Touro 10.

miércoles, 15 de octubre de 2008

ENCONTROS 18-19 OUTUBRO

- Xuveniles: Touro - Trazo. Sábado ás 16 horas en Loxo.
- Infantiles: San Marcos - Touro. Sábado ás 11 horas en San Marcos.
- Benxamíns: Touro - Melide ( amigable). Venres ás 18,15 horas en Loxo.
- Prebenxamíns: Descansa.

ANALISE XORNADA INFANTILES

O primeiro que temos que destacar é a retirada dun novo equipo, La Salle B, o que supón que nos quedamos só 14 equipos e que hai que descansar dúas veces. A nós tamén nos supón un contratempo, pois anularon os resultados deste equipo e como nos xa lle gañáramos, pois tres puntos que perdemos así dunha tacada, quedándonos con 6 e na 5ª posición da taboa.

Estos foron os resultados da xornada:
- San Pedro 3 - A Inmaculada 1.
- S.D. Touro 4 - C.D. Belvís 3.
- S.D. Cruces 16 - San Marcos 0.
- X. Oroso B 10 - Tordoia 0.
- Cia María 4 - At. Melide 2.
- Cidade de Santiago b 0 - Amio 4.
- San Mamede e E.F. Lalín B - Descansan.

Despois de transcorridas tres xornadas, confírmase o que dicíamos en comentarios anteriores. Ós xa de por si favoritos a estar arriba Amio, Cruces e Melide, engádenselle o X. Oroso B e o Cia. María, dous equipos que non dan o seu brazo a torcer e seguen con paso firme semana tras semana. Por outra banda confírmase ó San Marcos e Inmaculada coma os rivais máis frouxos do grupo, se ben estes últimos compiten algo mellor que o San Marcos que sale de Goleada en Goleada ( teñen ánimo e ilusión estes cativos do San Marcos).
Polo que respecta ó noso equipo, máis do mesmo, seguimos sen perder e a espera dos enfrontamentos cos equipos favoritos, para ver realmente ó que podemos aspirar nesta tempada, se ben deberemos mellorar o rendemento e aprender dos erros do último encontro, xa que xogando coma o sábado, será practicamente misión imposible rematar entre os 5 primeiros.De tódolos xeitos agardemos que só fose un mal día.

Polo de pronto o sábado visita ó San Marcos, onde esperemos que non exista relaxación, xa que se ben é o peor equipo do grupo ( segundo os números), non nos podemos despistar que logo unha vez rematados os partidos non se pode cambiar o resultado.............................; primeiro a xogar ben e logo a gañar, pero con bo futbol.

domingo, 12 de octubre de 2008

NOVA DERROTA DOS XUVENILES

Despois dun comenzo de liga prometedor, xa voltamos ás andadas, outra derrota por 5 a 1, esta vez a máns do carrilana, un equipo que se ben non era mellor cos nosos, si puxo máis empeño e ilusión en gañar o partido, incluso cando tras quedar con dez homes, gañando 2 a 1, seguiron loitando ata acadar o 5 a 1 definitivo. Se ben tamén é certo que na primeira metade e co 1-1 no maracdor o colexiado non quixo ver dous penalties, por máns claras dos defensores locais, alegando que non había intencionalidade, cando en amabs se corta a traxectoría do balón cara a portería.
Esperemos que a situación se reconduzca o vineiro sábado ante o Trazo.

E XA VAN TRES

Tres de tres, non podían comenzar mellor os infantiles, con 3 victorias noutros tantos partidos.
Nesta terceira xornada recibíamos ó belvís en Loxo, e despois dun mal partido, o peor do que levamos de liga, rematamos gañando por 4-3.
Como dicíamos, foi o peor encontro dos nosos infantiles no que vai de liga, pois estivemos moi espesos en ataque, con pouca posesión de balón e elexindo sempre a peor opción; e en defensa tamén mal, co equipo mal posicionado e demasiado ríxido, sen saber como contrarestar as embestidas dos visitantes, que utilizaban un xogo excesivamente directo, buscando a velocidade do seu habilidoso punta.
En fin o mellor do partido o resultado, pois logo de ir gañando todo o partido, á falta de 10 minutos anotamos o 3-1, pero nada máis sacar de centro, encaixamos o 3-2, e de seguido o 3-3, en dúas xogadas que evidenciaban a escasa concentración dos nosos xogadores, pero xa no tempo engadido e cando o partido agonizaba, apareceu manuel para resolver o partido.
Esperemos que se aprenda dos erros cometidos e no próximo encontro se volva a sumar de tres.

Outros resultados:
- Cidade de Santiago B 0 - Amio 4.
- Cia. de maría 5 - Melide 2.
- E.F. Lalín ( descansa)

RESULTADOS FIN DE SEMANA

- Xuveniles: Carrilana 5 - Touro 1.
-Infantiles: S.D. Touro 4 - C.D. Belvís 3.
- Benxamíns: S.D. Touro 1 - Callobre 3. (amigable).

viernes, 10 de octubre de 2008

PARTIDOS 11-12 OUTUBRO

- Xuveniles: Café Carrilana - S.D. Touro. Sábado ás 17 horas en Marrozos. Saída ás 15,30 horas.
- Infantiles: S.D. Touro - C.D. Belvís. Sábado ás 11 horas en Loxo.
- Benxamíns: S.D. Touro - Callobre C.F. (amigable), sábado ás 12,30 horas en Loxo.
- Prebenxamín: Aínda non comenzou a liga.

SORTE A TODOS E A SEGUIR DISFRUTANDO DO VOSO DEPORTE FAVORITO.

martes, 7 de octubre de 2008

ANALISE XORNADA INFANTILES

Estos foron os resultados da 2ª xornada:

-San Mamede 0-Cidade de Santiago B 4.
-La Salle B - San Pedro ( non se presentou La Salle B).
-A Inmaculada 1 - touro 4.
- Belvís 1 - Cruces 5.
- San Marcos 0 - X. Oroso B 22.
- Tordoia 2 - Cia. maria 7.
- E.F. lalínB 1 - Amio 7.
- At. Melide - Descansa.

Unha vez vistos os resultados da xornada, confírmase ó San Marcos coma o rival máis frouxo do grupo, pois se a semana pasada enaixaba 16 goles, esta semana foron 22. Polo demáis, confírmanse os pronósticos dos equipos chamados a loitar pola zona alta da tabla, Cruces, Amio, Melide, ós que podemos sumar o X. Oroso B e ó Cia. maría, se ben estes dous últimos non sabemos do seu potencial, simplemente nos guiamos polos resultados obtidos.
Polo que se refire ó noso equipo, seguimos gañando e na zona alta da táboa. Dende o clube confíamos nas posibilidades do noso equipo para moverse por esa zona, pero o tempo nos dará ou quitará a razón e nos colocará no noso lugar.

Do rival do sábado, o Belvís non sabemos nada, polo que teremos que empregarnos a fondo, para evitar sorpresas e voltar a sumar de tres.

domingo, 5 de octubre de 2008

DERROTA DOS XUVENILES

Desta vez perdemos con claridade (1-5), e o que é peor, despois de dar unha imaxe desoladora ó longo da segunda metade, non así na 1ª na que o partido estivo máis igualado, a partir de ahí o encontro xa non tivo historia.
Aínda que non sirve como excusa, só dispuxemos de 11 xogadores para o encontro, e con baixas importantes, todas elas na liña defensiva ( Daniel, Borja, Damián e Fran), que mermaron algo o noso potencial.
Esperemos que isto só fose un mal día, e retomar a boa senda na vindeira xornada.

SEGUNDA VICTORIA DOS INFANTILES

Segue a racha, 2ª xornada e 2ª victoria; desta vez con menos sufrimento, pois á media hora de xogo xa gañábamos por 0 a 3, con goles de raúl (2) e manuel. E todo isto nun campo impracticable e contra un rival que se aguantaba no partido pola forza física do seu capitán e mediocentro, pero que no resto das súas liñas era bastante frouxo, segundo foi avanzando o encontro o equipo contrario vai perdendo intensidade e os nosos baixaron o ritmo, de non ser así e pola escasa puntería dos nosos, fallamos algunha que outra ocasión clara e tiramos un poste, o resultado había ser máis abultado.

Esperemos que con estos resultados positivos os nosos vaian medrando, tanto individual coma colectivamente, no seu xogo e autoconfianza.

Outros resultados:

- San Mamede 0 - Cidade Santiago B 4.
- E.F. Lalín B 1 - Amio C.F. 7.
- San Pedro - La Salle B ( Non se presentou La Salle B).

Confírmase o Amio coma un dos equipos chamados a estar arriba, sobre todo pola presenza física da maioría dos seus xogadores, que nesta categoría xa se sabe, a diferenza de corpo e forza é moi grande dun ano a outro.

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

- Xuveniles: Touro 1 - San Miguel 5.
- Infantiles: Inmaculada 1 - Touro 4.

viernes, 3 de octubre de 2008

SAEN A CONCURSO AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO CÉSPEDE DO CAMPO DE LOXO

Sabáimos que podía ocorrer, e ó final pode ser que suceda. Estaba aprobado o cambio do céspede do campo, pero tíñamos a esperanza de que se fixese unha vez rematada a tempada. Esta é unha copia do concurso:

ANUNCIO DE CONTRATACIÓN

DENOMINACIÓN: COLOCACIÓN NOVO TERREO DE XOGO HERBA ARTIFICIAL CAMPO DE FÚTBOL DE LOXO

NATUREZA: CONTRATO ADMINISTRATIVO DE OBRAS

SUXEITO A REGULACIÓN HARMONIZADA: NON

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN: NEGOCIADO

DATA DE ANUNCIO: 1 DE OUTUBRO DE 2008

TRAMITACIÓN: ORDINARIA

GARANTÍA PROVISIONAL EXISIBLE: NON

CLASIFICACIÓN: GRUPO G), SUBGRUPO 6), CATEGORÍA d)

ORZAMENTO SEN IVE: 240.893,61 €

IVE: 38.542,98 €

ORZAMENTO CON IVE: 279.436,59 €

PRAZO DE EXECUCIÓN: 6 MESES.

TIPO DE ANUNCIO: ANUNCIO DE LICITACIÓN

PUBLICACIÓN NO PERFIL: http://www.concellodetouro.com//

PUBLICACIÓN PRENSA: CORREO GALLEGO

PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS: ATA AS 14:00 HORAS DO DIA 9 DE OUTUBRO DE 2008 NO REXISTRO DO CONCELLO DE TOURO

Tras falar co Alcalde do tema, temos a súa promesa de que no momento que se adxudique, haberá que negociar ca empresa e tratar de buscar as datas que nos ocasionen o menor trastorno posible, iso sí, parece ser que ten que estar feito antes do remate de xuño do 2009.

En canto saibamos máis, manterémosvos informados.

HORARIOS PARTIDOS FIN DE SEMÁN 4-5 OUTUBRO

Estes son horarios para o fin de semana:

- XUVENILES: S.D. Touro - San Miguel. Sábado ás 16,30 horas en Loxo.
- INFANTILES: A.D. La Inmaculada - S.D. Touro. Sábado ás 11,00 en Marrozos.

Comunicarvos tamén que coa retirada do Compostela B en infantiles e do Milladoiro B en xuveniles, o calendario non sofre ningunha modificación, simplemente que cando nos toque xogar contra eses equipos faremos xornada de descanso.

miércoles, 1 de octubre de 2008

E Ó FINAL SANCIONAN A RUBÉN

Pois si, o comite de competición non atendeu as nosas aleagcións sobre a expulsión de Rubén o sábado no Pino ( o árbitro confundeuno con Borja), xa que unha vez consultado o colexiado, éste seguía nos seus trece e non atendeu a razóns; polo que ó comite de competición, atendendo o criterio do colexiado, que parece ser o que prevalece, sancionou a rubén o a mella da S.D. O Pino con nada máis e nada menos que 3 ENCONTROS, que o bo de rubén deberá cumplir por algo que nunca fixo.
Tamén aproveitamos para dicirlle ó noso xogador borja que desta vez sáiu ben parado, pero que xa é a segunda vez que fai algo semellante ( a 1ª foi nun amigable), e que de seguir nesa actitude a sanción vaille vir imposta polo clube; de tódolos xeitos un par de partidos na nevera poida que os pase, para reflexionar un pouquiño. Non imos tolerar pelexas cos contrarios, pase o que pase no campo, o primeiro é a imaxe do clube, logo unha vez rematado o partido e fora do campo alá cada quen coa súa conciencia. Vos coma xogadores da S.D. Touro, estades obrigados a xogar coa máxima intensidade en cada partido ( para tratar de gañalo), pero sen esquecer a deportividade e corrección, tanto cos rivais, árbitro e compañeiros; a vosa misión e facer deporte e divertirse xogando, nada de buscar pelexa, e se algún día sodes agredidos por un contrario, pois por moito que fastidie hai que aguantar e xa o árbitro tomará a decisión oportuna, pero nada de tomarse a xustiza pola mán que logo pasa coma este sábado, ó final paga o que menos culpa ten.

martes, 30 de septiembre de 2008

ANALISE XORNADA INFANTILES

Comenzou a liga e estes foron os resultados:

- Cia. María 16 - San Marcos 1.
- X. Oroso B 8 - Belvís 1.
- Cruces 8 - A Inmaculada 1.
- Amio 2 - At . melide 3.
- Cidade de Santiago B 4 - E.F. lalín B 4.
- San Pedro 0 - San Mamede 0.
- Tordoia ( descansa) por retirada do compostela B.

Unha vez vistos os resultados, os equipos máis fortes do grupo como se presumía, son Melide, Cruces e Amio, quédanos a dúbida do X. Oroso B e do Cia. de maría,así como a pequena sorpresa do Lalín B xa que non sabemos se os seus resultados tan abultados, son fruto do seu potencial, ou da escasa oposición dos rivais, xa que 16 goles son moitos para un partido de infantiles. De tódolos xeitos quizais o San Marcos sexa o rival máis debil, polo visto no torneo de F-7 que fixemos o ano pasado.

Polo demáis, bastante igualdade no resto de encontros, se ben sorprende algo o empate colleitado polo E.F.Lalín B en Santiago, xa que de saída é un dos favoritos a estar arriba.

Sobre o noso vindeiro rival, O Inmaculada, decir que saíu derrotado con claridade das Cruces, polo que se nos xogamos concentrados e con intensidade, sen cometer os erros do pasado sábado, deberíamos voltar a sumar de tres; e deste xeito seguir pola parte alta da táboa á expectativa, para se é o caso aproveitar calquer despiste dos rivais e afianzarnos nesa zona, sobre todo de cara a coller máis autoconfinaza nas posibilidades do equipo por parte dos xogadores ( que boa falta lles fai, creer máis en sí mesmos, nas súas posibilidades), e despois o destino dirá se podemos loitar por algo máis ou simplemente a estar pola zona alta pero sen máis aspiracións. Dicir tamén que o terreo de xogo no que se vai desputar o encontro é de area ( ou herba de monte), pero o seu estado ó principio de tempada soe ser bastante malo, e como proba un comentario da Web do Ruanova, un equipo de Santiago da liga de terceira autonómica que xogou alí o pasado fin de semana: "Antes de comenzar la crónica, decir que si el partido se llega a jugar en un campo de fútbol y no en Marrozos, seguramente la crónica fuera muy distinta, pero por falta de campos parece ser que este año los equipos modestos (3era regional), tendremos que sufrir la paliza de jugar en campos como este donde controlar el balón ya se considera toda una aventura..."

Ahí vai unha dirección web na que se pode ver un video deste "maravilloso" Campo.www.youtube.com/watch?v=JLTP2GC_tHA


Por certo o partido da 2ª xornada ten o seguinte horario e campo:

- A Inmaculada - S.D. Touro, Sábado 4 de outubro ás 11 horas en Marrozos.

domingo, 28 de septiembre de 2008

DERROTA DOS XUVENILES NO DERBI 4-3

Tal e como supoñíamos o derbi tivo de todo, goles, emoción ata o final e ata expulsados.Tanto se puido gañar coma empatar, peroó final perdeuse, iso sí deixando de novo unha boa imaxe.

Comenzou malo encontro, xa que logo encaixamos un gol en propia meta nunha indecisión entre Segade e Damián, que rematou por entrar na nosa portería. Pero lonxe de virse abaixo, os nosos seguiron pelexando e mediada a primeira metade e fruto dunha estratexia nun corner marca da casa, empetamos por medio de Antón, que lle sacou as telarañas á portería rival co seu disparo, a partir de aquí e ata o descanso fomos superiores cun remate ó pao de rubén á saída dun corner e un man a man de David co porteiro que enviou ás máns do mesmo.
Na segunda metade saímos en chufados de novo é o pouco de comezar, asistencia de david para césar que envía o balón por enriba do cancerbeiro local, lonxe do seu alcance, coloando o 1 a 2.

Ata aquí o que puido ver o que suscribe, logo polo que sei eles puxéronse por diante, empatamos de penalti, voltaron adiantarse, expulsión de Rubén ( o árbitro confundeuno con Borja),exa co tempo cumplido nova ocasión de David para empatar que remata errando.

Aliñación: Segade, Mareque, Rubén, Damian, daniel, Ivan, Antón, David, Borja, Darío e Cesar. Tamén xogaron Joaquín, Víctor e Fran.

VICTORIA DOS INFANTILES NO SEU DEBUT NA LIGA

Comezou a tempada, e como xa dicíamos con anterioridade os resultados van chegando, venceuse ó La Salle B por 5 a 3, de xeito xusto pero sufrido, xa que se ben fomos superiores ó longo dos 80 minutos, a confianza de levar un resultado favorable primeiro e erros puntuais de falla de concentración despois, leváronos a ir ó descanso empate a 3, despois de ir gañando por 2 a 0 con comodidade.
Na segunda metade, apretaron os nosos e pasado o minuto 25 marcamos o 4 a 3 por medio de álvaro, despois de errar innumerables ocasións de gol, tirar ó pao, etc.., para a 2 minutos do final cerrar o partido por medio de raúl de falta directa.
Esperemos que o encontro do sábado servise de lección, xa que nisto do fútbol calquer rival a pouco que te despistes ármache unha boa.
O xogo foi bo en liñas xerais, pero hai que mellorar en concentración e intensidade.

Aliñación: Rubén ( Andrés), Diego Rozas, Jose Luís, Liñeira, Lucas, Martín, Raúl, Juan ( Lara), Álvaro, Andrea ( Diego) e Manuel.

Outros resultados que coñecemos:
San Pedro 0 - San mamede 0.
Cidade de Santiago B 4 - E.F. Lalín B 4.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

CHEGA O DERBI EN XUVENILES

E chegou a 4ª xornada de liga xuvenil e con ela o derbi, o vindeiro sábado ás 17 horas no campo de O Pino.
Os nosos xuveniles chegan con ánimos renovados despois de tutear ó líder Silleda a pasada xornada, demostrándo, sobre todo a sí mesmos, o que poden conquerir con un pouquiño de esforzo e compromiso pola súa parte. De seguir así a súa clasificación mellorará co paso das xornadas, e gañar no derbi sería unha boa forma de ir avanzando. Se se empregan coa mesma intensidade e entrega que no partido do pasado sábado, non serúia raro que trouxesen algo positivo de O Pino, equipo no que por certo militan varios xogadores que comenzaron a súa andadura futbolística no noso clube, o que lle da se cabe máis interese ó encontro.

ÁNIMO E SORTE RAPACES.

COMENZA A LIGA DOS INFANTILES

Chegou a hora, este sábado 27 comenza a liga de infantiles, despos dunha pretempada bastante dura ( en canto a rivais) e sen ningunha victoria, chega a hora da verdade e esperemos que o traballo realizado de os frutos agardados polo corpo técnico e a directiva.
O primeiro rival e La Salle B, equipo filial do conxunto do mesmo colexio que milita na liga galega infantil, polo que supoñemos que será un conxunto na súa maioría de 1º ano, e que dependerán moito da convocatoria do equipo de galega.
De tódolos xeitos confiemos nas posibilades dos nosos.

jueves, 18 de septiembre de 2008

CALENDARIO COMPETICION TEMPADA 08/09

Ahí vai o calendario de competición para este tempada. O mesmo pode sufrir algunha modificación nas datas e horarios dos partidos.

CALENDARIO TEMPADA 2008/2009

PREBENXAMINS

BENXAMINS

INFANTILES

XUVENILES

AFECCIONADOS

06/07-09-08

F

Amio

F

13/14-09-08

U

U

20/21-09-08

T

Silleda

T

27/28-09-08

B

La Salle B

O Pino

B

04/05-10-08

O

A Inmaculada

Arcangel

O

11/12-10-08

L

Belvís

Café Carrilana

L

18/19-10-08

San Marcos

Trazo

25/26-10-08

S

Val do Ulla Ribadulla

Tordoia

O Xa Chegou

S

01/02-11-08

A

Callobre

Melide

Cogal Rodeiro

A

08/09-11-08

L

Estrada C

Lalín B

Tordoia

L

15/16-11-08

A

Estrada A

Amio

San Marcos B

A

22/23-11-08

Lalín B

Compostela B

La Salle

29/30-11-08

D

Melide

CIA Mª Santiago

Milladoiro B

A

06/07-12-08

E

Cruces

Xuventude Oroso B

Portomouro

G

13/14-12-08

P

Silleda B

Cruces

Villestro

R

20/21-12-08

O

Lamela

Cidade Santiago B

Belvís

U

27/28-12-08

R

P

03/04-01-09

T

San Pedro

A

10/11-01-09

E

Silleda

San Pedro

Amio

C

17/18-01-09

Estrada B

C.D. San Mamede

I

24/25-01-09

E

Lalín C

La Salle B

Silleda

O

31-01-09/01-02-09

S

Lalín A

A Inmaculada

O Pino

N

07/08-02-09

C

Val do Ulla Ribadulla

Belvís

Arcangel

14/15-02-09

O

Callobre

San Marcos

Café Carrilana

V

21/22-02-09

L

Estrada C

Tordoia

Trazo

E

28-02-09/01-03-09

A

Estrada A

Melide

O Xa Chegou

T

07/08-03-09

R

Lalín B

Lalín B

Cogal Rodeiro

E

14/15-03-09

Melide

Amio

Tordoia

R

21/22-03-09

S

Cruces

Compostela B

San Marcos B

A

28/29-03-09

A

Silleda B

CIA Mª Santiago

La Salle

N

04/05-04-09

N

Lamela

Xuventude Oroso B

Milladoiro B

O

11/12-04-09

T

S

18/19-04-09

I

Silleda

Cruces

Portomouro

25/26-04-09

A

Estrada B

Cidade Santiago B

Villestro

02/03-05-09

G

Lalín C

San Pedro

Belvís

09/10-05-09

O

Lalín A

C.D. San Mamede

San Pedro

NOTAS:

  • BENXAMÍNS: Os encontros xogaránse os sábados pola tarde as 17 horas, agás os seguintes equipos:

- O Lalín A, Lalín B e Lalín C xogarán os seus encontros como locais os sábados ás 15,30 horas no Manuel Anxo Cortizo.

- O Sp. Estrada A, Sp. Estrada B e Sp. Estrada C xogarán os seus encontros como locais os sábados ás 15,30 horas en Figueroa.

- O At. Melide xogará os seus encontros como local os sábados ás 15,00 horas.

- A S..D. Touro xogará os seus encontros como local os sábados ás 12,00 horas en Loxo.

- A S.D. Cruces, xogará os seus encontros como local os sábados ás 12,30 horas.

  • ALEVÍNS: Os encontros xogaránse os domingos ás 11 horas.

- O Lalín A e Lalín B xogarán os seus encontros como locais os domingos ás 10,30 horas.

- O Sp. Estrada A e Sp. Estrada B xogarán os seus encontros como locais os domingos ás 10,00 horas.

- O At. Melide xogará os seus encontros como local os sábados ás 10,00 horas.

  • INFANTILES: Os encontros xogaránse os sábados pola mañán ás 11,00 horas.

  • XUVENILES: Os encontros xogaránse os sábados pola tarde nos seguintes horarios:

- Setembro ( 17,00 horas).

- Outubro ( 16,30 horas ).

- Novembro, Decembro e Xaneiro ( 16,00 horas ).

- Febreiro ( 16,15 horas ).

- Marzo ( 16,30 horas).

- Abril e Maio ( 17,00 horas ).