lunes, 1 de diciembre de 2008

DERROTA DOS INFANTILES NUNHA PISCINA

Si, máis que fútbol aquelo parecía natación, xa que nalgunha zona do magnífico campo de Marrozos a auga tiña varios centímetros de profundidade, sobre todo nas porterías, o que ó longo do encontro evitou máis dun gol por ambos bandos. Pero de tódolos xeitos o peor non é o estado do terreo de xogo, nin a choiva, nin o frío, nin sequera a derrota, senón a falta de auga quente nas duchas ó remate do encontro, que debe ter uns acumuladores para que se duchen dúas persoas, que iso foi o que pasou, e xa non é nin a primeira nin a segunda vez que nos pasa ( alguén terá que tomar medidas). Se é no verán pois non pasa nada, un pouquiño de auga fría e listo, pero nun día en pleno temporal coma o pasado sábado e cos nenos/as cansos e fríos, é sangrante, sobre todo nos tempos que corren. Non sei a quen lle corresponde arranxar o problema,se hai que poñer acumuladores máis grandes ou se hai que poñer caldeira de gas ou gasoil, pero iso non debe voltar a repetirse.
Do partido, dicir que os 22 valentes que sairon a xogar, puxeron todo o seu empeño en facer algo de fútbol, correron o indecible ( sobre todo pq se non corrían quedaban tesos),e loitaron contra o rival e os elementos meteorolóxicos.
Acudimos ó enconro con 14 efectivos, pois á baixa xa coñecida de Liñeira, sumáronse as de Pascual (parace que lesionado) e as de Juán e Álvaro ( castigados).Desta volta non se pode dicir que o equipo pasase do encontro, pois loitaron dende o minuto 1 ata o remate, e dese xeito fomos con desventaxa ó descanso 1-0, aínda que puidemos empatar se a poza da portería non frease un tiro de falta de Raúl, se ben é certo que eles tamén puideron marcar outro do mesmo xeito. Na segunda metade o equipo seguiu a pelexar e dispuxemos de duás boas ocasións para empatar nos pes de Manuel nun man a man co porteiro rival, que éste resolveu ó seu favor, e un posterior tiro de Martín ó poste. Así chegamos ó ecuador da segunda metade, con ocasións por ambos bandos, e coas pozas xogando malas pasadas. Xa pasado o minuto 30 recibimos o 2-0 nunha bonita xogada do medicoentro rival, e a continuación o 3-0 que sentenciaba definitivamente o encontro.
Aliñación: Rubén, Diego, Lucas, Andrés, Raúl, Martín, Adrián, Andrea ( David), José Luís, Xurxo (Aitor) e Manuel.Non xogou Lara, por petición súa ante o problema das duchas.
Dicirlle dende aquí ós nosos que actitude do outro día é a boa, e que con esa intensidade son capaces de sorprender a calquera, con baixas ou sen elas. Ese é o camiño a seguir para voltar á senda dos triunfos. Noraboa rapaces polo esforzo realizado.

No hay comentarios: