domingo, 23 de noviembre de 2008

1ª VICTORIA DOS PREBENXAMÍNS

Houbo que esperar, pero a espera mereceu a pena, na terceira xornada non só marcaron ( aínda non o fixeran), senón que gañaron e convenceron, nun partido que dominamos dende o inicio.
Resultado final Touro 6- Villestro 2.

- Aliñación: Miguel, Tomás (2), Iago López (3), Salva (1) e Dani. Tamén xogaron Iago Codesido, Xian, Alberto, Manuel e Martín.

Ánimo e a seguir adestrando igual.

EMPATE DOS BENXAMÍNS

Desta volta foi en Lalín, e ante un equipo dos da parte alta da táboa, e que só perdera un encontro.
Puidose gañar, puidose perder e ó final empatouse.Nun partido xogado de poder a poder, no que os nosos sairon enchufados dende o minuto 1, ben posicionados en defensa e tratando de saír con bo criterio en ataque, as ocasións foron escasas na primeira metade, destacando dúas boas intervencións do noso "Casillas" en sendos man a man co dianteiro rival. Os nosos dispuxeron de dúas aproximacións perigosas que non atoparon a rede rival. Así as cousas chegouse ó descanso co 0-0 inicial, e cos contendentes algo cansos polo esforzo realizado.
Despois duns pequenos consellos, e de beber algo de auga, saltaron ó terreo de xogo para continuar co encontro, e non sabemos se foi pola auga que nos caeu do ceo neses intres, os nosos comezaron algo fríos e na primeira xogada chega o tanto local nun despiste da defensa; pero lonxe de virse abaixo, seguimos empuxando e tras unha boa xogada de todo o equipo, Marcos asiste a Xian que bate ó cancerbeiro local poñendo un máis que merecido empate. Pouco duraría a alegría, pois o dianteiro local, aproveita un erro de Dani, para facerse co esférico e superar a Jesús por baixo. Voltamos a repoñernos e empatamos por medio de Brais cando xa estaba a rematar o encontro, nese intre o adestrador local, volta a introducir no campo ó seu dianteiro ( xa nos marcara 2) e os rivais dispoñen de dúas boas ocasións que entre os postes, Jesús, a defensa e un chisquiño de sorte, conseguen evitar o tanto local. de seguido chégase ó remate do encontro co resultado de 2-2, merecido, polo esforzo feito polos nosos cativos, que como algún pai di, ilusionan...................................................
Destacar desta volta o bo comportameno dos pais á hora de chegar ó campo, o que contribuíu a que se piudese quentar ben e prepararse para o partido.
- Aliñación: Jesús, Dani, David, Marcos, José, Xian (1) e Brais(1). Tamén xogaron Pena e Quintás.

GOLEADA EN XUVENILES

Pouco hai que dicir deste partido, que comezou cun gol en contra no minuto 1, por xentileza do "señor" colexiado do encontro, ó sinalar coma man un saque de portería de segade, a partir de ahí o rival basou todo o seu xogo no seu punta, ó que a nosa defensa non foi quen de frear en todo o encontro. Ó descanso 3-0, e con escasas ocasións de gol pola nosa parte.

A segunda metade, empezou cos nosos tentando meterse no encontro, pero as ocasións non acababan de entrar, entre elas unha dobre de chichi e darío, que o porterio se encargou de desbaratar, e na súa primeira chegada o 4-0, a partir de aquí dominio a pracer dos locais que foron sumando goles ata chegar ó 9-0 final, facilitado pola baixada de brazos dos nosos.

A parte positiva do encontro foi que desta volta tiñamos cambios, e é que viaxaron 13 xogadores, algo que non se vía dende o partido de O Pino.

RESULTADOS 22-23 NOVEMBRO

- Xuveniles: La Salle 9 - Touro 0.
- Infantiles: Descansa.
- Benxamíns: E.F. Lalín B 2 - Touro 2 ( Brais e Xian).
- Prebenxamín: Touro 6 ( 3 iago l.,2 tomás, 1 salva)- Villestro 2.

viernes, 21 de noviembre de 2008

HORARIOS 22- 23 NOVEMBRO

- Modestos fútbol sala: Toño peluqueros 1 - S.D. Touro Deportes M.C. 1.
- Xuveniles: La Salle - S.D. Touro. Sábado ás 19,30 horas en Sta. Isabel.
- Infantiles: Descansa.
- Benxamíns: E.F. Lalín B - S.D. Touro. Sábado ás 12,45 en Lalín.
- Prebenxamíns: Villestro - S.D. Touro. Sábado ás 17,00 no pavillón Apostol Santiago.

domingo, 16 de noviembre de 2008

DERROTA DOS BENXAMÍNS

Segunda derrota no que vai de tempada dos benxamíns, desta volta ante o líder sp. Estrada, que demostrou que a súa posición non é casualidade, xa que, se ben en defensa non eran exquisitos, en ataque a súa multiplicidade de recursos e xogadores fainos moi perigosos.
En definitiva, bo encontro dos nosos, que aguantaron ó lider na primeira metade, 1-3 ó descanso, pero tendo en conta que tralo empate acadado por Marcos, eles puxeronse por diante a falla de 5 minutos para o descanso, cun gol no que existía falta sobre o noso Casillas, Jesús, e marcaron o 1-3 no tempo de desconto, tras un rexeite que favoreceu ó rival.
Na segunda metade, empezouse mal, xa que recibimos dous goles nada máis comenzar, pero de ahí ó final moita igualadade, se ben os nosos dispuxeron de pouas ocasións de gol.
Esperemos que sigan nesta liña de loitar ata o final, e os resultados chegarán.
O peor do encontro, foi de novo a falla de puntualidade dalgúns xogadores, supoñemos que de novo por mor dos pais e das autoridades eclesiásticas ( que están empeñados en fastidiar en tódalas categorías), se a semana pasada eran uns, esta semana tocoulle a outros, así que hai para todos, e se se segue a repetir, seguirá aparecendo nos nosos comentarios.

RESULTADOS 15-16 NOVEMBRO

- Xuveniles: Touro - San Marcos B, non se presentou o San marcos B, polo que supoñemos que será 3-0 ó noso favor.
- Infantiles: Amio 11 - Touro 0.
- Benxamíns: Touro 1 - Sp. Estrada A 6.
- Prebenxamíns: Rebordelo 11 - Touro 0.

jueves, 13 de noviembre de 2008

ANALISE DA XORNADA DE INFANTILES

Nesta xa 7ª xornada da liga de infantiles, os resultados ,comenzan a ser máis axustados na maioría dos encontros, xa que houbo tres empates, unha victoria pola mínima, outra por dous goles, e logo a goleada do Cia de maría ante o cidade B. Destacar o empate entre o Cruces e o Amio, así coma o empate entre o San Pedro e o Melide, pois unha vez visto o potencial do Melide no seu terreo de xogo, sorpréndeme este resultado, se ben hai que ter en conta que o partido se desputou no magnífico campo de marrozos, que nada ten que ver ca superficie sintética na que están acustamos a xogar.
Resultados:

La Inmaculada - Belvís 3 - 1
San Mamed - Tordoia 2 - 2
San Pedro - At. Melide 2 - 2
Touro - EF Lalín B 2 - 3
Cruces - Amio 3 - 3
Ciudad B - Cia. Mª Stgo. 0 - 7
San Marcos e Oroso B - Descansa.

En canto ós nosos, derrota pola mínima fronte a un Lalín B que non sabía o que era gañar, pero que demostrou ter un espíritu de loita incansable, que lle valeu para remontar un 2-0 en contra, ó aproveitar a relaxación e os erros defensivos dos nosos na segunda metade.

Polo demáis empeza a definirse a parte alta da táboa, con tres equipos máis destacados, Cruces, Cia de maría e Xuventude Oroso B. Esta zona alta podería quedar definida despois do encontro deste fin de semana entre o Cia de María e o Xuventude Oroso.

No resto, moita igualdade nos equipos da metade da táboa, e van quedando descolgados outros coma o San Marcos e Tordoia, que aínda non coñecen a victoria.



Estos foron os resultados:

HORARIOS 15-16 NOVEMBRO

- Modestos fútbol sala: S.D. Touro/ Deportes MC 3- Feva Hosteleria 2.
- Xuveniles: S.D. Touro - San Marcos B. Sábado ás 17,45 en Loxo.
- Infantiles: Amio - S.D. Touro. Sábado ás 11,00 en Marrozos.
- Benxamíns F-7: S.D. Touro - Sp. Estrada A. Domingo ás 12 en Loxo.
- Prebenxamíns F. Sala: Rebordelo - S.D. Touro. Sábado ás 13 horas en Lamas de Abade.

domingo, 9 de noviembre de 2008

RESULTADOS 8-9 NOVEMBRO

- Modestos F. Sala: Meigallo 5 - Touro 3.
- Xuveniles: Tordoia 8 - Touro 0.
- Infantiles: Touro 2 - Lalín B 3.
- Benxamíns: Estrada C 1 - Touro 4.
- Prebenxamíns: A inmaculada 7 - Touro 0.

E A TERCEIRA FOI A VENCIDA ( BENXAMÍNS)

Xa o di o refrán, á terceira foi a vencida, logo dunha derrota pola mínima e dun empate, seguimos mellorando e sumamos de tres ante o equipo C do Sp. Estrada.

O peor do partido foi a tardanza en chegar ó campo de varios xogadores, pois ás 15,30 horas só estaban no campo catro Jesús , José, Jose e Dani, logo foron chegando a contagotas o resto, algún co partido xa comenzado. Papás e mamás, hai que ser máis puntuais, pois os xogadores precisan quentar e aclimatarse ó terreo de xogo e as condicións meteorolóxicas, etc....

O partido dominámolo dende o principio ata o remate con claridade, se ben as boas intervencións do gardamallas Local e a falla de puntería dos nosos fixo que ó descanso se chegase con empate a 1, tras marcar eles na seu único disparo a portería, nunha falta que lle botou diante a Jesús e que rematou por entrar.

Na segunda metade dominio claro dos nosos, que despois de fallar varias ocasións, poñen o 1-2, obra de marcos. Pero como pasa sempre cando un equipo está tan volcado sobre a meta contaria, aparece unha contra perigosa que salva Jesús maxistralmente, o que demostra que contamos cun bo gardaredes, xa que é nesas ocasións nas que se ve a un fora de serie, unha chegada perigosa e........................... parada do porteiro. Logo viñeron dous goles máis e os que non quixeron vir, pois nada a garalos para mellor ocasión, que seguro que fan falla.

Aliñación: Jesús, Dani; Jose, Marcos, José, David e Brais. Tamén xogaron Xian, Quintás e Pena.

DERROTA POLA MINIMA EN INFANTILES

Non puido ser, despois dunha primeira parte boa, na que nos fomos gañando por 2 a 0, un baixón na intensidade do noso xogo, e de tres erros en defensa, un de marcaxe no saque dunha falta lateral (innecesaria, xa que o xogador visitante estaba encerrado no curruncho), outro nun mal despexe de álvaro que envía ó balón cara o centro e este é aproveitado por un rival para poñer o empate, e un terceiro ó tirar o fora de xogo ( un dos nosos quedouse enganchado) , logo de que o rival sacase un corner en curto, fixeron que o Lalín B lle dese a volta ó marcador, poñéndose 2-3, a partir de aquí e nos úlimos 15 minutos do encontro, voltamos despertar e tentamos acadar o empate, que ben puido chegar nunha falta lanzada por raúl, que saiu lamendo o pao, ou por unha xogada na que tras unha falta sacada polo noso equipo, manuel se plantaba só ante o cancerbeiro visitante, e o colexiado asubía unha falta ó noso favor por agrrón a raúl, dándose logo conta do seu erro, pero xa non tiña remedio.

Dicir que seguimos cas baixas na liña defensiva, se a semana pasada eran diego Rozas e Andrés, esta semana perdemos a Liñeira para mes e medio aproximadamente, pola rotura da súa man dereita, na clase de E.F., unha mágoa pero agora só queda animarse e recuperarse axiña.

Aliñación: Rubén( Pascual), Diego Rozas ( Andrea min. 60), Lucas ( J.Luís min. 45), Andrés, Martín, Raúl, Juan( Lara), Adrián, Álvaro, Manuel e David (( Aitor min. 25), (Xurxo min.55)).

domingo, 2 de noviembre de 2008

1º PUNTO DOS BENXAMÍNS

Visitábanos o Callobre, e tras un partido moi trabao, empate a 1 gol.

Empezábamos o encontro dominando, e achegándonos a área rival, pero na primeira aproximación do equipo rival, gol en contra, tras unha boa xogada e mellor finalización do dianteiro visitante, cun bo disparo ante o que nada pode facer Jesús.

A partir de aquí, dominio insistente dos nosos, pero sen ocasións claras de gol, ata que brais, moi apagado e chupón no día de hoxe, caza un balón dentro da área rival e marca o 1 empate. logo chegarían máis ocasións, coma un tiro ó longueiro de Marcos tras rexeite do porteiro. Dende aquí ata o final da primeira metade máis do mesmo, nós dominando e eles a defender e tratar de sorprender á contra.

Na segunda metade continuou a mesma tónica, pero xa con menos ocasións, se ben puidemos marcar por medio de Marcos, pero Adrián Pena de xeito involuntario interpúxose no seu camiño.

Agora a tratar de sumar de tres o vindeiro sábado ante o Sp. Estrada C.

Xogaron: Jesús, José, Jose, Brais, Xian, Marcos, Dani, Pena e Quintás.

DERROTA DOS XUVENILES CON 9

En primeiro lugar dicir que o resultado de 0-4 a favor dos visitantes, puido evitarse se:

- A orquesta Olimpus non fixese concertos de 24 horas de duración, e os xogadores e pais tivesen un pouquiño máis de seriedade, así coma implicación co clube ( ou como mínimo información).

Debido a isto e as baixas de Mareque ( recén operado), Darío ( parece ser que lesionado, pois non se dirixiu a nós para comunicalo), Borja ( con gripe para xogar ó futbol, pero sano para pasear pola mañán e agarrarse á moza pola tarde) e as anteriormente mencionadas pola asistencia ó concerto da orquesta Olimpus ( César, Víctor e cremos que puido ser algún máis); tivemos que afrontar o encontro con só nove valentes, que puxeron todo o seu empeño en defender as nosas cores, podendo incluso acadar algún gol.

Aguantamos ben a primeira metade, grazas á táctica do fora de xogo, xa que ó descanso perdíamos por 0-1 e creando algunha ocasión que outra. Na segunda metade, sobre todo pasado o minuto 20, o cansancio comezou a facer mella nos nosos esforzados xogadores e encaixamos tres novos goles, para deixar o partido no definitivo 0-4.

Pola nosa parte, felicitar ós nove valentes e comprometidos xogadores, pola súa actitude e comportamento.

Agardemos que para o próximo desprazamento a Tordoia e xa sen concertos de Olimpus nen Carreiras de coches á vista, así como ca recuperación dos efectivos lesionados, poidamos reunir o número necesario para poder competir en igualdade de condicións.

1ª DERROTA EN INFANTILES

Non se sabe se foi o madrugón ( o partido foi ás 10,30 en Melide), se foi que era festivo ( e como é lóxico os festivos hai que descansar) , se foron as baixas en defensa ( diego con problemas físicos e Andrés fora da convocatoria por non asistir ós adestramentos) ou se foi a choiva que caeu con insistencia durante todo o encontro, pero o certo e que os nosos sairon fríos coma o día, e non estiveron no partido en ningún momento. Xa no minuto 5 encaixamos o primeiro e a partir de ahí recital de xogo e ocasións dos locais, ante un equipo o noso que onte simplemente non estaba. Dende ahí ata o final superioridade local, que foi aumentando a súa conta ata cerrar o 9-0 final.

Esperemos que só fose un mal día, e que se poida voltar á senda dos triunfos o vindeiro sábado ante o Lalín B.

Outros resultados:
- Amio 1 - Oroso B 4.
- Inmaculada 1 - Cidade B 0.
- Lalín B 0 - Cruces 9.
- San Pedro 3 - Tordoia 2.

RESULTADOS 1-2 NOVEMBRO

- Modestos f. sala : Clínica Centro 4 - Touro 0.
- Xuveniles: Touro 0 - Rodeiro 4.
- Infantiles: Melide 9 - Touro 0.
- Benxamíns F-7: Touro 1 - Callobre 1.
- Prebenxamíns: Descansa.