domingo, 2 de noviembre de 2008

DERROTA DOS XUVENILES CON 9

En primeiro lugar dicir que o resultado de 0-4 a favor dos visitantes, puido evitarse se:

- A orquesta Olimpus non fixese concertos de 24 horas de duración, e os xogadores e pais tivesen un pouquiño máis de seriedade, así coma implicación co clube ( ou como mínimo información).

Debido a isto e as baixas de Mareque ( recén operado), Darío ( parece ser que lesionado, pois non se dirixiu a nós para comunicalo), Borja ( con gripe para xogar ó futbol, pero sano para pasear pola mañán e agarrarse á moza pola tarde) e as anteriormente mencionadas pola asistencia ó concerto da orquesta Olimpus ( César, Víctor e cremos que puido ser algún máis); tivemos que afrontar o encontro con só nove valentes, que puxeron todo o seu empeño en defender as nosas cores, podendo incluso acadar algún gol.

Aguantamos ben a primeira metade, grazas á táctica do fora de xogo, xa que ó descanso perdíamos por 0-1 e creando algunha ocasión que outra. Na segunda metade, sobre todo pasado o minuto 20, o cansancio comezou a facer mella nos nosos esforzados xogadores e encaixamos tres novos goles, para deixar o partido no definitivo 0-4.

Pola nosa parte, felicitar ós nove valentes e comprometidos xogadores, pola súa actitude e comportamento.

Agardemos que para o próximo desprazamento a Tordoia e xa sen concertos de Olimpus nen Carreiras de coches á vista, así como ca recuperación dos efectivos lesionados, poidamos reunir o número necesario para poder competir en igualdade de condicións.

No hay comentarios: