miércoles, 31 de diciembre de 2008

HORARIOS 3-4 XANEIRO

- Modestos F. Sala: Descansa.
- Xuveniles: S.D. Touro 1(Samuel) - San Pedro 4. Sábado ás 16 horas en Loxo.
- Infantiles: Descansa.
- Benxamíns F-7: S.D. Touro 4 (Marcos 3, David)- At. Melide 5. Sábado ás 11 horas en Loxo.
- Prebenxamíns: Descansa.

jueves, 25 de diciembre de 2008

SEGUNDA VICTORIA CONSECUTIVA (XUVENILES)

No partido suspendido no seu día ante o San Marcos B, conseguiron os nosos xuveniles a súa segunda victoria en 3 días, máis que no resto da tempada; e é que últimamente o equipo está a creer nas súas posibilidades e non se amedrenta ante nada.
Como dicíamos, vistábanos o San Marcos B, reforzado con algún xogador do seu equipo A, pero iso non foi obstáculo para que os nosos impuxesen o seu mellor xogo, que de non ser pola excelente actuación do seu porteiro ( era un dos reforzos) o resultado puido ser moi abultado.
Comezou o encontro co dominio dos nosos, que non éramos capaces de traducir en gol, uhnas veces polo acerto do porteiro rival e outras polo desacerto dos nosos. Mediada a primeira metade, pasamos un pequeno bache de xogo, posibilitando dúas boas ocasións do rival, que Segade se encargou de desfacer.Logo disto o equipo refíxose e no tramo final deste período fomos moi superiores ó rival, que apoiado no bo facer do seu porteiro ante os disparos de Víctor e Liñeira, éste por dúas veces, logrou chegar ó descanso co 0-0 inicial.
Na segunda metade máis do mesmo, clara superioridade dos nosos, que non conseguían batir a portería rival, ata que de tanto que foi o balón cara a portería rival, Chichi remata, o porteiro toca o balón, pero non consegue evitar que o primeiro suba ó marcador. De seguido bo balón en profundidade para Chichi, que supera en velocidade á defensa rival e bate de tiro raso cruzado ó porteiro colocando o 2-0. De aquí ata o final, superioridade clara dos nosos que aínda acadaron dous goles máis, por medio de Samuel e César, pero puideron ser máis.
O peor do encontro a expulsión de Borja, por dobre amonestación a falla de dous minutos para o remate, coma sempre por tonterías.
Agardemos que o novo ano comeze como rematou este.

BO NADAL E PRÓSPERO ANO A TÓDOLOS INTEGRANTES DA S.D. TOURO.

domingo, 21 de diciembre de 2008

VICTORIA DOS XUVENILES


Tivemos que esperar case unha volta completa para ver unha nova victoria dos nosos xuveniles, a primeira fora na xornada 1 ante o Amio, pois só falta un encontro para o remate da primeira volta. Pero a espera mereceu a pena e hoxe vimos o verdadeiro potencial do noso equipo xuvenil, derrotando ó Belvís (6º clasificado) con claridade por 1-4 no seu terreo de xogo.


Como non podía ser doutro xeito, comenzamos perdendo, non sen antes desperdiciar dúas boas ocasións nas botas de Antón. Pero lonxe de virse abaixo, os nosos loitaron o indecible e pouco a pouco foron impoñendo o seu fútbol, ata lograr trenzar unha boa xogada, na que Samuel combina con César, que lle devolve o balón á espalda da defnsa, para que Samuel de bonito tiro cruzado poña o empate a un.


Xa na segunda metade, os nosos seguiron facendo bo fútbol e tomaron o mando do encontro, adiantándonos por medio de Antón, que aproveitou un balón solto naárea rival para establecer o 1-2. Non quedou ahí a cousa xa que mediada a segunda metade César rouba un balón en medio campo, ve adiantado ó porteiro rival e de preciosa vaselina pon o 1-3. A raíz deste tanto o rival estirouse e dispuxo de dúas boas ocasións que Segade e defensa se encargaron de debaratar. Xa co tempo cumprido e co rival con 10 ( empregáronse con excesiva dureza no treito final do encontro) César cun bo disparo dende a frontal pon o definitvo 1-4.


Espermos que mañán no encontro aprazado co San Marcos B o equipo volte a dar boa imaxe e sumar tres novos puntos que nos axuden a abandoar os últimos postos da clasificación. Vémonos en Loxo ás 20 horas.


Aliñación: Segade, Iván, Rubén, Mareque, Daniel, Joaquín ( Darío), Liñeira, Samuel, Antón, Chichi ( Fran) e César.

DERROTAMOS A UN DOS INVICTOS (PREBENXAMÍNS)

Estes cativos non nos deixan de sorprender, a súa progresión é inmellorable, e a mesma vese encontro tras encontro. Terceira victoria nos últimos catro partidos.
Desta volta victoria ante o La Salle B, un dos dous equipos que quedaban invictos no grupo, e que só recibira catro goles ata o de agora. Pois ben os nosos non só foron quen de derrotalos, tamén lles endosaron seis goles dunha tacada, máis que nos catro anteriores. Todo isto despois de comenzar perdendo, pero pouco a pouco fómonos facendo co control do partido e empatamos por medio de Iago L., así chegamos ó descanso.
Na segunda metade, clara superioridade dos nosos, que cun Tomás desequilibrante, acadaron catro novos goles,todos eles conseguidos por él, que deixaban o marcador moi definido, co que aproveitamos para darlle descanso. Pero non quedou ahí a cousa, xa que nun contraataque ben levado por Manuel, este encargouse de batir ó porteiro por sexta vez e de establecer o 1-6 definitivo.
Destacar a entrega e bo traballo de todo o equipo, que como xa dixemos no inicio progresan a pasos axigantados.

VICTORIA ANTE O COLISTA ( BENXAMÍNS)


Visitábanos o colista, e como era de esperar, o partido resultou moi fácil para os nosos, que foron sumando goles ata chegar ós 12. Destacar que neste encontro conseguiron anotar tódolos xogadores do equipo, incluído Jesús, agás Quintás que hoxe non foi quen de repetir.


Agora toca descansar e repoñer forzas ata o día 2 de Xaneiro, que voltaremos ós adestramentos, co fin de preparar o encontro aprazado no seu día pola neve contra o Melide e que desputaremos o día 3 de xaneiro ás 11 horas en Loxo.

VOLVEMOS Ó BO CAMIÑO (INFANTILES)


Despois de 6 derrotas consecutivas, voltamos a atopar o camiño da victoria, desta volta ante o Cidade de Santiago B en Loxo.

Recuperamos para éste encontro a Liñeira, lesionado dende hai mes e medio, e a Andrea, pero non a Álvaro e Juán ( agora arrestados polas notas), nin a Andrés e Pascual ( seguimos sen novas deles).


Comenzamos o encontro dominando e tendo a posesión do balón, ó tempo que estragábamos dúas boas ocasións para adiantarnos no marcador, algo que non fixo o rival, que no seu primeiro disparo a gol, acertou e puxo o 0-1, reaccionamos de seguido e desta volta Manuel atinou coa meta rival poñendo o empate a 1. Lonxe de servir de estímulo, o gol, parece que nos durmiu e a saída dun corner e no seu segundo remate entre os tres paus, chega o 1-2. Así fomos ó descanso.

Na reanudación, e tralos trocos feiros no inicio da segunda metade, o equipo fíxose co control do balón e do partido, as ocasións empezaron a sucederse e os nosos déronlle a volta ó marcador con goles de Xurxo, Adri e Raúl.

En definitiva, victoria traballada e non menos merecida, ante un rival que nunca lle perdeu a cara ó encontro e que agardemos dirva para que os nosos recuperen a autoestima, e os bos resultados continúen.

Aliñación: Rubén, Diego, Lucas, Liñeira, Martín, Raúl, Adrián, José Luís, Andrea, Manuel e Xurxo. Tamén xogaron Lara, Aitor e David.

PLENO VICTORIAS

Había tempo que non se vía, xa non lembramos cando foi a última vez, pero esta fin de semana tivemos un pleno de victorias de tódolos equipos do clube. Dende os máis cativos ata os maiores.
Esperemos que non sexa a última da tempada e que se repita con máis frecuencia.

Ánimo nenos/as e a seguir traballando para conseguir bos resultados.

martes, 16 de diciembre de 2008

FIN DE SEMANA 20-21 DECEMBRO

- Modestos F. Sala: S.D. Touro 4(Puga 2, Chicho e Dani)- El Rápido 0.
- Xuveniles: Belvís 1 - S.D. Touro 4 (César 2, Samuel e Antón).
- Infantiles: S.D. Touro 4 (Raúl, Manu, Xurxo e Adri)- Cidade de Santiago B 2.
- Benxamíns F-7: S.D. Touro 12 ( Dani 2, Pena, Jesús, David, Brais, Jose,Marcos, José, Xian 2)- Silleda C 0.
- Prebenxamíns: La Salle B 1- S.D. Touro 6 (Tomás 4, Iago L.,Manuel).

domingo, 14 de diciembre de 2008

DERROTA DOS XUVENILES


Tras unha primeira metade igualada, na que dispuxemos de varias ocasións de gol, nos pes do sempre incombustible césar, e da nova fichaxe Samuel, chegouse ó descanso co 0-1 en contra, pois o Villestro si aproveitou unha das que tivo.


Na reanudación, tentaron os nosos acadar a igualada, pero o cansancio fixo mella nas nosas filas, xa que non tiñamos trocos e pouco a pouco o rival foise estirando e tras un par de boas estiradas de Segade, chega o 0-2, e a continuación o terceiro e o cuarto.


Sería importante contar con tódolos xogadores en cada encontro, co fin de darlle osíxeno ó equipo nas segundas metades.


Aliñación: Segade, Mareque, Víctor, Daniel, Damián, Joaquín, Liñeira, Samuel, Chichi, Rubén e César.

DERROTA DOS INFANTILES (REMATAN OS ALPES)


Nunha mañán fría e con choiva os nosos saíron derrotados con claridade. Derrota debida en maior medida á desidia dos nosos a partir do minuto 30 da primeira metade, e sobre todo na segunda parte, pois seguen incurrindo nos mesmos erros e defectos que en partidos anteriores.

Se á media hora o resultado era de 2-1 en contra, e iso cas baixas de Álvaro, Juán, Andrés, Liñeira, Andrea e Pascual, unha vez encaixado o 3-1, nova baixada de brazos que tivo como resultado outra goleada ante o segundo clasificado, nada menos que 14 goles en contra.

Agardemos que unha vez pasados os encontros en teoría máis compricados, e ca recuperación dos distintos xogadores, Liñeira ( unha vez recuperado da súa lesión tras mes e medio), Juán e Álvaro ( Se é que non chove o vindeiro sábado), Andrea ( superado o virus), Andrés e Pascual ( desaparecidos), sexamos quen de voltar ó camiño das victorias.

Aliñación: Rubén, Diego, Lucas, Adrián, Martín, Raúl, Manuel, José Luís, David, Xurxo(Lara min.40) e Aitor.

NOVA VICTORIA DOS PEQUES

Segue a progresión dos máis cativos, que hoxe cas baixas de dous xogadores de último ano ( Xian e Iago L.), foron quen de gañar ó Concello de Ames por 2-1, con dous goles de Martín, un en cada tempo.
Destacar que aínda que o partido estivo entretido, merecimos algún gol máis, pero os nosos non estiveron atinados, polo que houbo que sufrir ata o final.

Aliñación: Miguel, Tomás, Salva, Martín (2) e Dani. Tamén xogaron Iago C., Alberto e Manuel.

VICTORIA DOS BENXAMÍNS


Tocaba o Silleda B, un dos colistas da clasificación, e o partido resultou fácil, dende o principio ata o remate.

Puxémonos de seguido con vantaxe, tras dúas boas internadas de Brais pola banda, que culminaron con dous bos remates por parte de Marcos e Xian, a continuación o 3º, obra de Dani en estratexia á saída dun corner, e a partir de aquí a dar minutos ós que menos xogan e a probar ós xogadores en distintas posicións, para observar o seu rendemento.

Dicir que o gol do Silleda foi en claro fora de xogo, pero hoxe non influíu no resultado esa decisión arbitral.

Aliñación: Jesús, Dani(3), David(1), Marcos (1), Xian (2), Brais(1) e José. Tamén xogaron Pena e Quintás (1).

martes, 9 de diciembre de 2008

HORARIOS 13-14 DE DECEMBRO

- Modestos F. Sala: Decoraciones Iglesias 2 - Touro 11 (Moi 4, Richi 3, Puga 2, Fran e Chicho).
- Xuveniles: Touro 0 - Villestro 4.
- Infantiles: Cruces 14 - Touro 1 (Manuel).
- Benxamíns F-7: Touro 9 ( Dani 3, Marcos, Brais, David, Quintás, Xian 2)- Silleda B 1.
- Prebenxamíns: Touro 2 ( Martín 2) - Concello de Ames 1.

domingo, 7 de diciembre de 2008

VICTORIA DOS BENXAMINS

Contra o Cruces, xogamos en Loxo, xa que invertimos o orde dos partidos, e resultou ben, pois chegou a segunda victoria da tempada, e a primeira na casa.

Dominamos ó rival durante todo o encontro, e o marcador foi escaso para as ocasións xeradas polos nosos cativos; pero o rival aproveitou a pegada do seu mellor xogador que despois de marcar o 1-0, empatou tirando dende o medio do campo no saque do gol, ó coller a Jesús algo adiantado. Non se viñeron abaixo os nosos e adiantámonos de novo por medio de Dani, que cun tiro dende lonxe, superou ó cancerbeiro visitante por arriba para poñer o 2-1.De seguido o 3-1, obra de Brais tras culminar unha boa xogada persoal. Con este resultado chegouse ó descanso.
No comenzo da segunda metade o rival estirouse, tratando de achegarse no marcador, e froito desa insistencia, chegou o 3-2, que poñía emoción e incertidume no encontro; pero de novo apareceu Dani que cun despexe dende o noso campo, que se envenenou, superou ó porteiro rival e estableceu o 4-2 que xa parecía definitivo. Nada máis lonxe da realidade, xa que logo fallamos varias ocasións moi claras de sentenciar definitivamente o encontro, e de seguido Brais cedeu para Jesús, que colle o balón ca man, o árbitro pita a cesión e no saque da falta chega o 4-3, que poñía as cousas compricadas a falla de só 2 minutos para o remate. Pero non quedaría ahí a cousa, xa que tras unha boa xogada de Brais, este centra para que José rematando de primeiras, coloque o balón no fondo da meta rival e deixando o 5-3 definitivo, pois xa non se chegou a sacar de centro.

Aliñación: Jesús, Pena, David, Dani, José, Brais e Quintás. Tamen xogaron Marcos e Tomás. Non asistiron Xian por motivos familiares e Jose, que non apareceu, despois de vir adestrar o venres.

DERROTA DOS XUVENILES

Desta volta, ante o Portomouro, nun campo en malas condicións e nunha tarde de cans, máis propia para estar detrás da cociña que xogando ó fútbol, pois a auga non deixou de caer en todo o encontro. Se a isto lle sumamos un colexiado pésimo ( para ambos bandos) e que non soubo frear o xogo duro dos rivais ( do que logo se contaxiaron os nosos), danos o resultado final de 4-1 en contra. Empezou o encontro igualado, cos nosos tratando de contrarrestar o xogo directo do rival, pero nun rexeite, aproveitan para poñer o 1-0, ó coller a Segade algo adiantado. Con esta tónica chegouse ó descanso, non sen antes perdoarlle a expulsión ó dianteiro rival, por tentar agredir a Liñeira ( 1º erro grave).

Na segunda metade o equipo saiu enchufado e con ánimo de levantar o encontro, pero as ocasións non acababan de entrar, e nesas estábamos cando nun saque longo do porteiro, Daniel non mide ben, o balón bota e supérao, aproveitando o seu dianteiro para batir a Segade e poñer o 2-0. De seguido o 2-1 por medio de Darío, e logo varias ocasións máis, coma un man a man de Chichi que tira fora. Noutra contra chega o 3-1 que parecía definitivo, pero aínda se puido entrar de novo no encontro se Chichi acertase a empuxar a portería vacía un pase de César. Xa no desconto chega o 4-1, por medio dun penalti que Segade deten en 1ª instancia, pero non o rexeite.

En definitiva, nova derrota, aínda que está vez non se pode dicir que non lle puxesen gañas, uns máis que outros, pero tentárono ata o final.

Aliñación: Segade, Ivan, Borja, Damian, Daniel, Joaquín, Liñeira, Chichi, Antón, César e Darío.

GOLEADA ANTE O LIDER

Visitávanos o Lider, Xuventude Oroso, único equipo invicto do grupo. Partido bastante igualado na primeira metade, na que os nosos loitaron o indecible ante a superioridade física da maioria dos xogadores rivais, pois máis parecian xuveniles que infantiles; aínda que co paso dos minutos o rival fixo valer esa superioridade de envergadura e forza, para chegar ó descanso con ventaxa de 0-4.

Na continuación, pouco que dicir, xa que os nosos baixaron os brazos e os goles ían chegando un tras outro, ata completar o 0-13 final.

Dicirlle ós nosos que a actitude boa é a da primeira metade, e que sexa cal sexa o resultado, hai que loitar ata o final, non deixarse levar e desaparecer do partido.

Aliñación: Rubén, Diego, Lucas, Adrián, Martín, Raúl ( Aitor min. 50), Manuel, Álvaro, José Luis, Xurxo (Andrea min.55) e Juan ( Lara min. 60).

miércoles, 3 de diciembre de 2008

PARTIDOS FIN DE SEMANA

- Modestos F. Sala: Touro 4 ( Chicho 2, Martín e Puga)- Cafet. Sta. Isabel 0.
- Xuveniles: Portomouro 4 - Touro 1.
- Infantiles: Touro 0- X. Oroso B 13.
- Benxamíns: Touro 5 - Cruces 3.
- Prebenxamíns: Descansa.

P.D.: Seguen á venda as últimas rifas da PS3 para o sorteo de nadal, os que aínda non teñan ningunha, que pregunten no clube.

lunes, 1 de diciembre de 2008

BENXAMÍNS ( SUSPENDIDO POLA NEVE)

Non vaiades pensar mal, non non, non había neve en Loxo, pero si en Melide e en Lalín, localidades das que tiñan que vir os contrarios e máis ó colexiado, e que lles impedía desprazarse con normalidade, polo que se decidiu suspender o encontro tras falar con nós o rival e máis o colexiado a iso das 12 por teléfono, por iso non se vos puido avisar antes.

Agora a adestrar duro esta semana e a tentar de superar ó Cruces o vindeiro Sábado.

DERROTA POLA MÍNIMA DOS PREBENXAMÍNS

Foi ante o Bertamiráns e pola mínima 2-1. Bo encontro o realizado polos nosos, que se decidiu cerca do remate do mesmo nun erro noso ó defender un saque de esquina. Previamente empatou Tomás tras un bo lanzamento de falta.

Comenzaba o encontro con moita igualdade e xogo no centro do campo, ata que eles nos sorprenden nun saque de banda e aproveitan un balón solto para batir a Miguel e poñer o 1-0 ó seu favor, un Miguel que por certo, asinou a súa mellor actuación no que vai de liga ( só nos falta mellorar no saque), e que detía todo o que se achegaba pola meta. Logo moita igualdade de novo ata o descanso.
Reanudouse o encontro, e nós a tentar empatar e eles a marcar o segundo, e niso estábamos cando aparace Iago L. nunha boa xogada, tan boa que ó rival non lle quedou outro remedio que facerlle falta, que como dixemos ó principio, Tomás se encargou de transformar para poñer o empate a 1. O demáis xa o coñecedes.

En definitiva, os máis cativos do clube, pouco a pouco vanse aclimatando á categoría e a iso de competir con outros nenos, respetar as posicións etc... e mellorando encontro tras encontro, aínda que a algúns pais cóstalles ver esa melloría ( paciencia papás que nada se fai nun día).

DERROTA DOS INFANTILES NUNHA PISCINA

Si, máis que fútbol aquelo parecía natación, xa que nalgunha zona do magnífico campo de Marrozos a auga tiña varios centímetros de profundidade, sobre todo nas porterías, o que ó longo do encontro evitou máis dun gol por ambos bandos. Pero de tódolos xeitos o peor non é o estado do terreo de xogo, nin a choiva, nin o frío, nin sequera a derrota, senón a falta de auga quente nas duchas ó remate do encontro, que debe ter uns acumuladores para que se duchen dúas persoas, que iso foi o que pasou, e xa non é nin a primeira nin a segunda vez que nos pasa ( alguén terá que tomar medidas). Se é no verán pois non pasa nada, un pouquiño de auga fría e listo, pero nun día en pleno temporal coma o pasado sábado e cos nenos/as cansos e fríos, é sangrante, sobre todo nos tempos que corren. Non sei a quen lle corresponde arranxar o problema,se hai que poñer acumuladores máis grandes ou se hai que poñer caldeira de gas ou gasoil, pero iso non debe voltar a repetirse.
Do partido, dicir que os 22 valentes que sairon a xogar, puxeron todo o seu empeño en facer algo de fútbol, correron o indecible ( sobre todo pq se non corrían quedaban tesos),e loitaron contra o rival e os elementos meteorolóxicos.
Acudimos ó enconro con 14 efectivos, pois á baixa xa coñecida de Liñeira, sumáronse as de Pascual (parace que lesionado) e as de Juán e Álvaro ( castigados).Desta volta non se pode dicir que o equipo pasase do encontro, pois loitaron dende o minuto 1 ata o remate, e dese xeito fomos con desventaxa ó descanso 1-0, aínda que puidemos empatar se a poza da portería non frease un tiro de falta de Raúl, se ben é certo que eles tamén puideron marcar outro do mesmo xeito. Na segunda metade o equipo seguiu a pelexar e dispuxemos de duás boas ocasións para empatar nos pes de Manuel nun man a man co porteiro rival, que éste resolveu ó seu favor, e un posterior tiro de Martín ó poste. Así chegamos ó ecuador da segunda metade, con ocasións por ambos bandos, e coas pozas xogando malas pasadas. Xa pasado o minuto 30 recibimos o 2-0 nunha bonita xogada do medicoentro rival, e a continuación o 3-0 que sentenciaba definitivamente o encontro.
Aliñación: Rubén, Diego, Lucas, Andrés, Raúl, Martín, Adrián, Andrea ( David), José Luís, Xurxo (Aitor) e Manuel.Non xogou Lara, por petición súa ante o problema das duchas.
Dicirlle dende aquí ós nosos que actitude do outro día é a boa, e que con esa intensidade son capaces de sorprender a calquera, con baixas ou sen elas. Ese é o camiño a seguir para voltar á senda dos triunfos. Noraboa rapaces polo esforzo realizado.

RESULTADOS 29-30 NOVEMBRO

- Modestos F. Sala: Touro 2 - Seguros Groupama 0.
- Xuveniles: Descansa.
- Infantiles: Cia. María 3 - Touro 0.
- Benxamíns F-7: Touro - Melide. suspendido ó ter problemas para desprazarse o Melide e o colexiado por mor da neve.
- Prebenxamíns: Bertamiráns 2 - Touro 1 ( Tomás).