miércoles, 25 de febrero de 2009

PARTIDOS 28 FEBREIRO-1 MARZO

- Modestos F. Sala: S.D.Touro 2 (Moisés e Puga)- Toño Peluqueros 5.
- Xuveniles: S.D. Touro 2 ( Chichi e Joaquín)- O Xa Chegou 0.
- Infantiles: S.D. Touro 2 ( José Luís 2)- At. Melide 13.
- Benxamíns F-7: Sp. Estrada A 6- S.D. Touro 0.
- Prebenxamíns F. Sala: Olímpico Vedra 9- S.D. Touro 0.

sábado, 21 de febrero de 2009

OUTROS RESULTADOS

INFANTILES:

- Amio 7- Cia María 1.
- San Marcos 0 - San Pedro 13.
- Lalín B 0 - Oroso 3.

BENXAMÍNS:
- Estrada B 1 - Lalín A 2.
- Melide 2 - Lalín B 5.
- Cruces 5 - Estrada A 9.
- Silleda C 0 - Callobre 7.

jueves, 19 de febrero de 2009

OS XUVENILES NA COMPOSTELA CUP


O equipo xuvenil, desputa este venres a fase previa da Compostela Cup do camiño 2009, co seguinte cadro de competición:

- CATEGORÍAS:
*SUB 19: (Fútbol 11) Nados con posterioridade ao 01/01/90
*Os deportistas de menor idade poderán participar.
*Os deportistas só se poderán inscribir e xogar nun equipo.
- INSTALACIONS:
*Campo de herba artificial do Concello de Arzúa.
- EQUIPOS PARTICIPANTES:

1. E.D.A. ARZÚA
2. S.D. O PINO
3. S.D. TOURO
4. BOIMORTO F.C.

- HORARIOS:

17:00h: BOIMORTO F.C. – S.D. O PINO
18:15h: E.D.A. ARZÚA – S.D.TOURO
19:30h :Final

- Duración dos partidos:
FÚTBOL 11: 2 tempos de 30 minutos.

HAI QUE FICHALO XA

Impresionante. quédame a dúbida de se será unha montaxe.

Pica no enlace e desfruta.
Más: http://www.marca.com/2009/02/18/futbol/futbol_internacional/1234977563.html

martes, 17 de febrero de 2009

PARTIDOS 21-22 FEBREIRO

- Modestos F. Sala: S.D. Touro 2 ( Chicho e Puga) - Construcciones Roa 0.
- Xuveniles: Trazo 9 - S.D. Touro 0. O Trazo non accedeu á nosa petición de aprazamento do partido, polo que non nos queda máis remedio que acudir ó encontro cos xogadores dispoñibles.
- Infantiles: Tordoia 3 - S.D. Touro 5 ( Raúl 2, Manuel, José Luis e Xurxo).
- Benxamíns: S.D. Touro 6 ( Dani 2, Marcos 2, Jesús e Pena) - Sp. Estrada C 1.
- Prebenxamíns: Descansa.

lunes, 16 de febrero de 2009

VICTORIA DOS BENXAMÍNS




Así o viron en Callobre, ésta é unha copia do publicado na súa páxina:




Callobre C.F.- 1(Nacho),S.D.Touro- 2. Nova derrota dos benxamís que non levantan cabeza. Na primeira mitade dominio dos nosos con algunhas ocasións que puideron adiantarse no marcador, pero non foi así e rematou co 0-0 inicial. A segunda mitade empezou igual, pero as ocasións eran mais claras, sobre todo as internadas de Nacho pola exquerda, nunha delas chegou ó gol nun tiro cruzado é incluso pudo caer algún mais pero non foi así, e duas contras do Touro fixo dous goles e remontou ó partido. Faltaban dez minutos pero biñeronse a baixo é sin ideas e mal xogo non foron capaces de empatar.Callobre c.f.: Rubén, Martín(c), Miguel, Nacho, Cris, David, Champi; Xavi, Alex, Manu, Trigo.




Así o vimos nós:


- Coincidimos con eles que na primeira metade, aínda que foi igualada, eles dominaron, pero sen ocasións de gol por ningún bando, pois só houbo un disparo a portería por cada equipo, e ambos fora. Na segunda metade máis do mesmo, parecía que os nosos máis que ir xogar un partido de fútbol, foran desfrutar do sol que había tempo non se vía. Así foi como o rival acentuou o seu dominio e marcou o seu gol nun claro erro defensivo dos nosos, ían para entón 10 minutos da segunda metade. A partir de aquí todo cambiou, ós nosos acendéuselle a luz vermella e tocaron arrebato, as ocasións sucedíanse nas botas de Xian, Brais, etc pero non acertábamos a marcar; ata que nun saque de banda, recibe Dani, que sen deixar caer o balón dispara cruzado e pon o empate no marcador. Seguimos dominando e nunha boa contra,Brais, caza un balón en longo, deixa sentado ó seu defensor e encara en velocidade ó porteiro, para batilo por baixo establecendo o 1-2 definitivo. De aquí ó final tentárono os locais, pero os nosos defendéronse con orde.

lunes, 9 de febrero de 2009

PARTIDOS 14-15 FEBREIRO

- Modestos F. Sala: S.D. Touro 2 ( Fran e Puga)- Meigallo (0).
- Xuveniles: S.D. Touro 3 ( Rubén, Antón e Borja) - Café Carrilana 1.
- Infantiles: S.D. Touro 8 ( Manuel 3, Raúl 2, David, Adrián e José Luís) - San Marcos 0.
- Benxamíns: Callobre 1 - S.D. Touro 2 ( Dani e Brais).
- Prebenxamíns: S.D. Touro 3 ( Tomás 2 , Salva) - La Salle B 3.

BENXAMÍNS (5-5 ANTE O VAL DO ULLA)
















Choiva de goles na mañán do sábado en Loxo, nada menos que 5 por bando, nun partido con constantes alternativas no xogo e no resultado, que se ben se puido rematar gañando, tamén se puido perder, polo que o empate non é un resultado de todo malo.

Non puido comezar mellor o encontro, xa que nos adiantamos por medio de Dani, que cun bo lanzamento de falta, superou ó porteiro rival, poñendo o 1-0 no marcador. Pero o rival non se ía rendir tan fácilmente, e empatou por medio do seu mellor xogador ( Andrés), que foi quen de marcar tódolos goles do seu equipo.Voltamos poñernos por diante, e aínda puidemos marcar algún maís, pero eles voltaron empatar. Entón apareceu Brais que tras unha boa xogada persoal pola banda, tira cruzado e marca o 3-2. Así chegamos ó descanso.

Na segunda metade, comezamos durmidos, e o rival aproveitou dous despistes defensivos para poñerse por diante no marcador. A partir de ahí melloramos e fómonos para arriba coa intención de darlle a volta ó marcador; e así chegou o empate, de novo por medio de Dani ó converter outro lanzamento de falta. Pouco nos durou a ledicia, xa que de novo se adiantaba Val do Ulla, tras unha boa xogada do seu mediocentro, que asiste ó dianteiro para que marque o 4-5. Parecía que todo estaba perdido, xa que o partido estaba a piques de rematar, pero entón apareceu Jose, que cazou un mal despexe da defensa rival, para facerse co balón e marcar de tiro raso cruzado o que sería o derradeiro gol do encontro.

En resumo, bo partido dos nosos, que de estar todos un pouuiño maís atinados ( cando digo todos tamén me refiro ó mister ), de seguro non se nos escapaba.

DERROTA DOS INFANTILES


Todo o contrario do equipo xuvenil, comezamos moi ben a tempada, gañando partidos e xogando bastante ben ó fútbol. Logo pasamos por un bache de resultados cando nos enfrontamos ós equipos máis fortes do grupo, e agora no último mes e medio só desputamos 2 encontros, xa que nos colleu o parón de navidade, as suspensións de partidos por mor dos temporais e do estado do campo, e as pertinentes xornadas de descanso do calendario. Se a todo isto lle sumamos a baixa asistencia ós adestramentos e os que houbo que suspender por mor dos temporais, da como resultado o seguinte Belvís 8 - Touro 1, un equipo ó que se lle gañara na primeira volta en Loxo e que o pasado sábado foi quen de marcarnos 6 goles nos primeiros cuarenta minutos, ó que deixa ben ás claras que os nosos non teñen o ritmo axeitado de competición e de adestramentos.


O partido comezou co dominio do equipo local, que se achegaba con perigo a Rubén, pero éste resolvía ben o traballo, foi a partir do minuto 15 cando chegaron os problemas, na saída nun corner o equipo tarde en saír tras despexar o balón e o rival aproveita para meter o balón de novo a área e o seu dianteiro, moi rápido e listo durante todo o encontro, fai o primeiro. A continuación o segundo, outra vez do seu dianteiro que se vai en velocidade da defensa e bate a Rubén, e a continuación o terceiro nun regalo da defensa que cede ó porteiro con pouca forza e o dianteiro adiántase a Rubén e marca a pracer. Con éste panorama seguiron caendo os goles, todos de igual xeito, balón e longo ó dianteiro que por velocidade superaba ós defensas e gol, ata un total de 6.


No descanso os xogadores tomaron boa conta das verbas do adestrador, saíndo convencidos de que se podía facer mellor, pero para iso hai que adestrar e asistir ós adestramentos; e a bo fe que así foi, pois só encaixamos dous goles e marcamos 1, por medio de Liñeira, equilibrando o xogo e as ocasións por ambos bandos. Para isto só foi necesario un pouquiño máis de actitude por parte de algúns xogadores e que outros se deixasen de correr coma polos sen cabeza, corresen menos e con máis sentido, algo do que por fin parace se deron conta.


En fin que non hai mal que por ben non veña, e se esta derrota serve para reconducir a traxectoria e o xogo do equipo, pois benvida sexa.


Agardemos que a asistencia ós adestramentos desta semana sexa máis numerosa e pouco a pouco voltemos a acadar o nivel do inicio de tempada, xa que se todos aportamos o noso grauciño de area, remataremos por facer unha gran montaña.

domingo, 8 de febrero de 2009

VICTORIA DOS XUVENILES


E xa van cinco, pouco a pouco o equipo vai a máis e segue sumando puntos, cos que se alonxa dos últimos postos da clasificación.


Desta volta, ante o San Miguel, un rival do medio da táboa, que foi superado polos nosos dende o pitido inicial, e de non ser pola excelante actuación do gardamallas rival, e os regalos do noso porteiro e do colexiado de turno, de seguro que a victoria sería máis abultada.


Como dicía, comezamos dominanando, e despois de dúas boas ocasións nos pes de Rubén e Samuel, César gáñalle as costas a defensa rival e bate o porteiro, establecendo o 0-1, dende aquí ata o último minuto da primeira metade, máis e máis dominio dos nosos, creando claras ocasións de gol, que unha e outra vez eran desbaratadas polas excelentes actuacións do cancerbeiro local. Pero no derradeiro minuto, Segade erra no saque e entrega para o danteiro rival, que supera a Segade cun disparo elevado, poñendo o 1-1.


Na segunda metade comezo o rival con forza, pero so ata que pasado o minuto 10, e nun dos moitos balóns en profundidade envíados polos nosos mediocentros ás espaldas da defnsa rival, César volta encarar man a man o porteiro rival, e de novo volve a batilo, establecendo o 1-2. Dende aquí ata o minuto 30 da segunda metade, total control pola nosa parte, ata que nunha xogada na que Liñeira lle rouba o balón limpamente ó atacante rival,e ante a caída deste, o colexiado decreta penalti ( increible, pero certo), que eles aproveitan para poñer o empate de novo. Reaccionamos rápido e de novo por medio de César, e nada máis sacar de centro, chega 0 2-3. Dende aquí ata o final, un par de boas ocasións, outra vez ben resoltas polo gardamallas local, e pouco máis.


En definitiva, bo partido dos nosos, que mereceron unha victoria máis amplia.

martes, 3 de febrero de 2009

PARTIDOS 7-8 FEBREIRO

- Modestos F. Sala: Clínica Centro 3 - S.D. Touro 2 ( Puga e Chicho).
- Xuveniles: San Miguel 2 - S.D. Touro 3.( César 3).
- Infantiles: Belvís 8 - S.D. Touro 1 ( Liñeira).
- Benxamíns F-7: S.D. Touro 5 ( Dani 2, Brais, Pena e Jose) - Val do Ulla 5.
- Prebenxamíns: Descansa.