lunes, 16 de febrero de 2009

VICTORIA DOS BENXAMÍNS




Así o viron en Callobre, ésta é unha copia do publicado na súa páxina:




Callobre C.F.- 1(Nacho),S.D.Touro- 2. Nova derrota dos benxamís que non levantan cabeza. Na primeira mitade dominio dos nosos con algunhas ocasións que puideron adiantarse no marcador, pero non foi así e rematou co 0-0 inicial. A segunda mitade empezou igual, pero as ocasións eran mais claras, sobre todo as internadas de Nacho pola exquerda, nunha delas chegou ó gol nun tiro cruzado é incluso pudo caer algún mais pero non foi así, e duas contras do Touro fixo dous goles e remontou ó partido. Faltaban dez minutos pero biñeronse a baixo é sin ideas e mal xogo non foron capaces de empatar.Callobre c.f.: Rubén, Martín(c), Miguel, Nacho, Cris, David, Champi; Xavi, Alex, Manu, Trigo.




Así o vimos nós:


- Coincidimos con eles que na primeira metade, aínda que foi igualada, eles dominaron, pero sen ocasións de gol por ningún bando, pois só houbo un disparo a portería por cada equipo, e ambos fora. Na segunda metade máis do mesmo, parecía que os nosos máis que ir xogar un partido de fútbol, foran desfrutar do sol que había tempo non se vía. Así foi como o rival acentuou o seu dominio e marcou o seu gol nun claro erro defensivo dos nosos, ían para entón 10 minutos da segunda metade. A partir de aquí todo cambiou, ós nosos acendéuselle a luz vermella e tocaron arrebato, as ocasións sucedíanse nas botas de Xian, Brais, etc pero non acertábamos a marcar; ata que nun saque de banda, recibe Dani, que sen deixar caer o balón dispara cruzado e pon o empate no marcador. Seguimos dominando e nunha boa contra,Brais, caza un balón en longo, deixa sentado ó seu defensor e encara en velocidade ó porteiro, para batilo por baixo establecendo o 1-2 definitivo. De aquí ó final tentárono os locais, pero os nosos defendéronse con orde.

No hay comentarios: