lunes, 9 de febrero de 2009

DERROTA DOS INFANTILES


Todo o contrario do equipo xuvenil, comezamos moi ben a tempada, gañando partidos e xogando bastante ben ó fútbol. Logo pasamos por un bache de resultados cando nos enfrontamos ós equipos máis fortes do grupo, e agora no último mes e medio só desputamos 2 encontros, xa que nos colleu o parón de navidade, as suspensións de partidos por mor dos temporais e do estado do campo, e as pertinentes xornadas de descanso do calendario. Se a todo isto lle sumamos a baixa asistencia ós adestramentos e os que houbo que suspender por mor dos temporais, da como resultado o seguinte Belvís 8 - Touro 1, un equipo ó que se lle gañara na primeira volta en Loxo e que o pasado sábado foi quen de marcarnos 6 goles nos primeiros cuarenta minutos, ó que deixa ben ás claras que os nosos non teñen o ritmo axeitado de competición e de adestramentos.


O partido comezou co dominio do equipo local, que se achegaba con perigo a Rubén, pero éste resolvía ben o traballo, foi a partir do minuto 15 cando chegaron os problemas, na saída nun corner o equipo tarde en saír tras despexar o balón e o rival aproveita para meter o balón de novo a área e o seu dianteiro, moi rápido e listo durante todo o encontro, fai o primeiro. A continuación o segundo, outra vez do seu dianteiro que se vai en velocidade da defensa e bate a Rubén, e a continuación o terceiro nun regalo da defensa que cede ó porteiro con pouca forza e o dianteiro adiántase a Rubén e marca a pracer. Con éste panorama seguiron caendo os goles, todos de igual xeito, balón e longo ó dianteiro que por velocidade superaba ós defensas e gol, ata un total de 6.


No descanso os xogadores tomaron boa conta das verbas do adestrador, saíndo convencidos de que se podía facer mellor, pero para iso hai que adestrar e asistir ós adestramentos; e a bo fe que así foi, pois só encaixamos dous goles e marcamos 1, por medio de Liñeira, equilibrando o xogo e as ocasións por ambos bandos. Para isto só foi necesario un pouquiño máis de actitude por parte de algúns xogadores e que outros se deixasen de correr coma polos sen cabeza, corresen menos e con máis sentido, algo do que por fin parace se deron conta.


En fin que non hai mal que por ben non veña, e se esta derrota serve para reconducir a traxectoria e o xogo do equipo, pois benvida sexa.


Agardemos que a asistencia ós adestramentos desta semana sexa máis numerosa e pouco a pouco voltemos a acadar o nivel do inicio de tempada, xa que se todos aportamos o noso grauciño de area, remataremos por facer unha gran montaña.

No hay comentarios: