miércoles, 28 de enero de 2009

PARTIDOS 31 DE XANEIRO-1 DE FEBREIRO

NOTA: A FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SUSPENDEU OS PARTIDOS DE FÚTBOL DE TÓDALAS CATEGORÍAS POR MOR DO TEMPORAL.

- Modestos F. Sala : S.D. Touro 1 (Puga)- Fisioterapia Sar 2. Mércores 28 ás 21 horas en Quiroga Palacios.
- Xuveniles: S.D. Touro - O Pino. Sábado ás 16 horas en Loxo.
- Infantiles: S.D. Touro - A Inmaculada. Sábado ás 10,30 horas en Loxo.
- Benxamíns F-7: S.D. Touro - E.F. Lalín A. Sábado ás 12,15 horas en Loxo.
- Prebenxamíns: Pendente de Confirmar.

domingo, 25 de enero de 2009

BENXAMÍNS ( ÉPICA DERROTA)

Pois non pintaba ben a cousa antes do comezo do encontro, xa que só apareceron 7 dos dez xogadores do equipo, pero non quedou ahí a cousa, no quencemento David atópase indisposto e temos que afrontar o partido con tan só 6 valentes.
Estes tiveron que loitar, non só co rival, senón co frío a choiva, as pozas do campo e a neve que caeu con insistencia na segunda metade.

O partido comezou moi desputado, cos nosos tratando de suplir con sacrificio e axudas constantes a inferioridade numérica ca que afrontábamos o encontro. Dispuxemos de dúas boas acasións que non atinamos a converter en gol, pero o rival tamén tivo as súas opcións, ben resoltas pola nosa defensa e porteiro. Así chegouse ó descanso.

Na segunda metade o rival, máis polo cansanzo acumulado dos nosos que por méritos propios, estirouse na busca do gol, e nunha destas, aproveitan un rexeite de Jesús para poñer o 1-0 no marcador. Lonxe de virse abaixo, os nosos, apoiados nun José impresionante buscaron con insistencia o empate, pero coma as desgrazas nunca veñen soas,ata fallamos un penalti cometido sobre José, que o colexiado colocou nunha das pozas do campo e Dani non foi quen de marcar, xa que o balón quedou freado na poza e chegou manso ás mans do porteiro.

Seguiron os nosos apretando e por fin, cando xa pasaba do tempo regulamentario, Bo balón para Brais, que se vai en velocidade da defensa e ante a saída do porteiro local, supérao por baixo establecendo o merecido empate.

Aínda dispuxemos doutra boa ocasión nos pésde Xian, que se entretivo demáis e non foi quen de marcar o segundo. Nesas andábamos de reclamarlle a hora ó colexiado, pois xa pasaban 8 minutos do tempo regulamentario, cando Marcos non acerta a despexar un balón, que cae ós pes do dianteiro rival e bate a Jesús poñendo o definitivo 2-1 no marcador. Nada máis sacar de centro o colexiado asubía o final.

En resumo, gran partido dos nosos, que de poder contar cos 7 efectivos no campo, ben seguro que sacarían outro resultado.

Agora toca recuperarse desta derrota superando o vindeiro sábado ó Lalín A en Loxo. Seguro que se os nosos traballan e loitan coma hoxe o éxito está asegurado.

DERROTA DOS XUVENILES ANTE O LÍDER

Non puido ser e aínda que se tentou, sobre todo na rimeira metade, acabamos derrotados ante o líder Silleda, que a partir da expulsión de Damián xogou a pracer e foi sumando goles ata completar o resultado final de 8-1.

Agora a recuperarse e preparar ben o derbi ante O Pino do vindeiro Sábado ás 16 horas en Loxo.

miércoles, 21 de enero de 2009

PARTIDOS 24-25 XANEIRO

- Modestos F. sala: S.D. Touro 3 ( Moisés, Fran e Puga)- Café Bar Rhin 1.
- Xuveniles: Silleda 8- S.D. Touro 1 (Darío).
- Infantiles: Descansa.
- Benxamíns F-7: E.F. Lalín C 2- S.D. Touro 1 (Brais).
- Prebenxamíns F. Sala: S.D. Touro - C.D. Bosco. Aprazado polo temporal.

domingo, 18 de enero de 2009

OUTROS RESULTADOS

- XUVENILES:
  • San Pedro 4 - O Pino 1.

-INFANTILES:

  • San Pedro 10 - Cidade B 1.

- BENXAMÍNS:

  • Lalín B 4 - Val do Ulla 3.
  • Melide 1 - lalín A 5.
  • Cruces 5 - Lalín C 6.
  • Sp. Estrada 9 - Callobre 0.

miércoles, 14 de enero de 2009

HORARIOS 17-18 XANEIRO

- Modestos F. Sala: S.D. Touro 5 ( Puga 3, Chicho e Dani)- Casa Amancio (1).
- Xuveniles: Descansa.
- Infantiles: S.D. Touro 2 (Adri 2)- San Mamede 0. Sábado ás 11 horas en Loxo.
- Benxamíns F-7: S.D. Touro 4( Dani, José, Jose e Brais)- Sp. Estrada B 3.
- Prebenxamíns F. Sala: A Mercé 8- Touro 0.Sábado ás 18,30 horas en Lamas de Abade.

miércoles, 7 de enero de 2009

HORARIOS 10-11 XANEIRO.

-Modestos F. Sala: Descansa.
- Xuveniles: Touro 4 (César 3, Damian) - Amio 2. Sábado ás 15,45 en Loxo.
-Infantiles: Touro - San Pedro. (suspendido por xeo)Sábado ás 12,15 horas en Loxo.
- Benxamíns F-7: Silleda - Touro. (suspendido por neve) Sábado ás 10,30 horas en Silleda.
- Prebenxamíns: Descansa.