domingo, 25 de enero de 2009

BENXAMÍNS ( ÉPICA DERROTA)

Pois non pintaba ben a cousa antes do comezo do encontro, xa que só apareceron 7 dos dez xogadores do equipo, pero non quedou ahí a cousa, no quencemento David atópase indisposto e temos que afrontar o partido con tan só 6 valentes.
Estes tiveron que loitar, non só co rival, senón co frío a choiva, as pozas do campo e a neve que caeu con insistencia na segunda metade.

O partido comezou moi desputado, cos nosos tratando de suplir con sacrificio e axudas constantes a inferioridade numérica ca que afrontábamos o encontro. Dispuxemos de dúas boas acasións que non atinamos a converter en gol, pero o rival tamén tivo as súas opcións, ben resoltas pola nosa defensa e porteiro. Así chegouse ó descanso.

Na segunda metade o rival, máis polo cansanzo acumulado dos nosos que por méritos propios, estirouse na busca do gol, e nunha destas, aproveitan un rexeite de Jesús para poñer o 1-0 no marcador. Lonxe de virse abaixo, os nosos, apoiados nun José impresionante buscaron con insistencia o empate, pero coma as desgrazas nunca veñen soas,ata fallamos un penalti cometido sobre José, que o colexiado colocou nunha das pozas do campo e Dani non foi quen de marcar, xa que o balón quedou freado na poza e chegou manso ás mans do porteiro.

Seguiron os nosos apretando e por fin, cando xa pasaba do tempo regulamentario, Bo balón para Brais, que se vai en velocidade da defensa e ante a saída do porteiro local, supérao por baixo establecendo o merecido empate.

Aínda dispuxemos doutra boa ocasión nos pésde Xian, que se entretivo demáis e non foi quen de marcar o segundo. Nesas andábamos de reclamarlle a hora ó colexiado, pois xa pasaban 8 minutos do tempo regulamentario, cando Marcos non acerta a despexar un balón, que cae ós pes do dianteiro rival e bate a Jesús poñendo o definitivo 2-1 no marcador. Nada máis sacar de centro o colexiado asubía o final.

En resumo, gran partido dos nosos, que de poder contar cos 7 efectivos no campo, ben seguro que sacarían outro resultado.

Agora toca recuperarse desta derrota superando o vindeiro sábado ó Lalín A en Loxo. Seguro que se os nosos traballan e loitan coma hoxe o éxito está asegurado.

No hay comentarios: