miércoles, 26 de agosto de 2009

MEDIDAS CONTRA A GRIPE A ( cada xogador ca súa botella)



Botes e botellas contra a gripe A.

A Coordinación deportiva da S.D. Touro, ante o inicio dos adestramentos na 2ª semana de setembro e sen ánimo de crear alarma, acaba de tomar unha medida preventiva ante a GRIPE A que se fai extensiva a xogadores e adestradores:Todos os deportistas da S.D.Touro deben vir provistos dunha botella, bote ou recipiente individualizado para hidratarse durante as sesións de adestramento e partidos.
Estes deben ser reutilizábeis, é dicir, cando se acabe o líquido poderán encherse de novo de auga da traída ou da auga embotellada que merca a S.D. Touro. Así, cada deportista terá o seu bote exclusivo e levarao e traerao da casa, sendo responsábel do seu coidado e limpeza. Pode e debería estar personalizado co nome a rotulador, ser o da súa bici ou de calquera marca que lle praza (mira os exemplos da foto). O único que se lle esixe é que se distinga do dos demais.
Finalmente lembrar que quen non o traia non poderá beber do dos outros compañeiros e sempre lle quedará unha billa que seguramente xa usaron moitas outras persoas, pois de inicio (repetimos, como sinxela medida hixiénica preventiva) a S.D. Touro non vai poñer a disposición do grupo nin as tradicionais garrafas de 5 litros nin as botellas de 1´5, e moito menos botellas pequenas de usar e tirar que estarían ciscadas a centos polo recinto deportivo.
A S.D. Touro só aportará auga para encher os botes individuais.
Por se alguén non le o blog, faille un favor, coméntallo antes de iniciar os adestramentos.

lunes, 24 de agosto de 2009

COMPOSICIÓN DOS GRUPOS E DATAS DE INICIO DAS LIGAS E ADESTRAMENTOS

- Benxamíns:
  • Rivais: Sp. Estrada A,B,C, E.F. Lalín A,B,C, S.D. Silleda A,B,C, Callobre C.F., S.D. Cruces,At. Melide.
  • Inicio Liga: 17/10/09.
  • Sp. Estrada A - S.D. Touro.
  • Inicio adestramentos: Mércores 16 Setembro ás 17 horas en Loxo.

- Alevíns:

  • Rivais: Sp. Estrada A,B,C, E.F. Lalín A,B,C, Silleda A,B, At. Melide, Callobre A,B, C.D. San Mamede,S.D. Cruces.
  • Inicio Liga: 04/10/09.
  • Sp. Estrada B - S.D. Touro.
  • Inicio adestramentos: Mércores 16 Setembro ás 17 horas en Loxo.

- Infantiles:

  • Rivais: Victoria C.F., C.D. San Marcos, San Pedro F.C., C.D. San Mamede, Amio C.F., Cia. María, E.F. Lalín B, Bodegón Arzúa, At. Melide, C.D. Belvís, A Inmaculada, Tordoia C.F., At. Fátima.
  • Inicio Liga: 10/10/09.
  • Victoria C.F. - S.D. Touro.
  • Inicio adestramentos: Mércores 16 Setembro ás 19 horas en Loxo.

- Xuveniles:

  • Rivais: Pendentes de Confirmar.
  • Inicio Liga: 12/09/09.
  • C.D. Belvís- S.D. Touro.
  • Inicio adestrmentos: Luns 7 de Setembro ás 18 horas en Loxo.

miércoles, 12 de agosto de 2009

OBRAS NO CAMPO

As obras de reforma do campo de fútbol de Loxo van a bo ritmo. Ó Longo desta semana procederon á colocación do novo céspede, agora só falta que lle boten a area e o caucho, coloquen os cañóns do riego e a xogar.

En breve esperamos colgar fotos do estado das obras.

viernes, 7 de agosto de 2009

NOVA TEMPADA

Aínda non vos podemos concretar as datas de inicio dos adestramentos de cara a vindeira tempada, pois aínda non remataron as obras do campo de Loxo, en canto saibamos a data de remate das mesmas, procederemos a fixar as datas de inicio das diferentes categorías.

Para o que sí hai data é para os diferentes sorteos e confección de calendarios, que se realizarán os días 18 ( Xuveniles) e 19 de Agosto ( Infantiles, Alevíns e Bnxamíns) en Santiago, nos locais da Delegación.

En canto saibamos o resultado dos mesmos e as datas de inicio das competicións, tamén voo faremos saber.