miércoles, 26 de agosto de 2009

MEDIDAS CONTRA A GRIPE A ( cada xogador ca súa botella)



Botes e botellas contra a gripe A.

A Coordinación deportiva da S.D. Touro, ante o inicio dos adestramentos na 2ª semana de setembro e sen ánimo de crear alarma, acaba de tomar unha medida preventiva ante a GRIPE A que se fai extensiva a xogadores e adestradores:Todos os deportistas da S.D.Touro deben vir provistos dunha botella, bote ou recipiente individualizado para hidratarse durante as sesións de adestramento e partidos.
Estes deben ser reutilizábeis, é dicir, cando se acabe o líquido poderán encherse de novo de auga da traída ou da auga embotellada que merca a S.D. Touro. Así, cada deportista terá o seu bote exclusivo e levarao e traerao da casa, sendo responsábel do seu coidado e limpeza. Pode e debería estar personalizado co nome a rotulador, ser o da súa bici ou de calquera marca que lle praza (mira os exemplos da foto). O único que se lle esixe é que se distinga do dos demais.
Finalmente lembrar que quen non o traia non poderá beber do dos outros compañeiros e sempre lle quedará unha billa que seguramente xa usaron moitas outras persoas, pois de inicio (repetimos, como sinxela medida hixiénica preventiva) a S.D. Touro non vai poñer a disposición do grupo nin as tradicionais garrafas de 5 litros nin as botellas de 1´5, e moito menos botellas pequenas de usar e tirar que estarían ciscadas a centos polo recinto deportivo.
A S.D. Touro só aportará auga para encher os botes individuais.
Por se alguén non le o blog, faille un favor, coméntallo antes de iniciar os adestramentos.

No hay comentarios: