lunes, 9 de febrero de 2009

BENXAMÍNS (5-5 ANTE O VAL DO ULLA)
















Choiva de goles na mañán do sábado en Loxo, nada menos que 5 por bando, nun partido con constantes alternativas no xogo e no resultado, que se ben se puido rematar gañando, tamén se puido perder, polo que o empate non é un resultado de todo malo.

Non puido comezar mellor o encontro, xa que nos adiantamos por medio de Dani, que cun bo lanzamento de falta, superou ó porteiro rival, poñendo o 1-0 no marcador. Pero o rival non se ía rendir tan fácilmente, e empatou por medio do seu mellor xogador ( Andrés), que foi quen de marcar tódolos goles do seu equipo.Voltamos poñernos por diante, e aínda puidemos marcar algún maís, pero eles voltaron empatar. Entón apareceu Brais que tras unha boa xogada persoal pola banda, tira cruzado e marca o 3-2. Así chegamos ó descanso.

Na segunda metade, comezamos durmidos, e o rival aproveitou dous despistes defensivos para poñerse por diante no marcador. A partir de ahí melloramos e fómonos para arriba coa intención de darlle a volta ó marcador; e así chegou o empate, de novo por medio de Dani ó converter outro lanzamento de falta. Pouco nos durou a ledicia, xa que de novo se adiantaba Val do Ulla, tras unha boa xogada do seu mediocentro, que asiste ó dianteiro para que marque o 4-5. Parecía que todo estaba perdido, xa que o partido estaba a piques de rematar, pero entón apareceu Jose, que cazou un mal despexe da defensa rival, para facerse co balón e marcar de tiro raso cruzado o que sería o derradeiro gol do encontro.

En resumo, bo partido dos nosos, que de estar todos un pouuiño maís atinados ( cando digo todos tamén me refiro ó mister ), de seguro non se nos escapaba.

No hay comentarios: