
E xa van cinco, pouco a pouco o equipo vai a máis e segue sumando puntos, cos que se alonxa dos últimos postos da clasificación.
Desta volta, ante o San Miguel, un rival do medio da táboa, que foi superado polos nosos dende o pitido inicial, e de non ser pola excelante actuación do gardamallas rival, e os regalos do noso porteiro e do colexiado de turno, de seguro que a victoria sería máis abultada.
Como dicía, comezamos dominanando, e despois de dúas boas ocasións nos pes de Rubén e Samuel, César gáñalle as costas a defensa rival e bate o porteiro, establecendo o 0-1, dende aquí ata o último minuto da primeira metade, máis e máis dominio dos nosos, creando claras ocasións de gol, que unha e outra vez eran desbaratadas polas excelentes actuacións do cancerbeiro local. Pero no derradeiro minuto, Segade erra no saque e entrega para o danteiro rival, que supera a Segade cun disparo elevado, poñendo o 1-1.
Na segunda metade comezo o rival con forza, pero so ata que pasado o minuto 10, e nun dos moitos balóns en profundidade envíados polos nosos mediocentros ás espaldas da defnsa rival, César volta encarar man a man o porteiro rival, e de novo volve a batilo, establecendo o 1-2. Dende aquí ata o minuto 30 da segunda metade, total control pola nosa parte, ata que nunha xogada na que Liñeira lle rouba o balón limpamente ó atacante rival,e ante a caída deste, o colexiado decreta penalti ( increible, pero certo), que eles aproveitan para poñer o empate de novo. Reaccionamos rápido e de novo por medio de César, e nada máis sacar de centro, chega 0 2-3. Dende aquí ata o final, un par de boas ocasións, outra vez ben resoltas polo gardamallas local, e pouco máis.
En definitiva, bo partido dos nosos, que mereceron unha victoria máis amplia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario