domingo, 7 de diciembre de 2008

DERROTA DOS XUVENILES

Desta volta, ante o Portomouro, nun campo en malas condicións e nunha tarde de cans, máis propia para estar detrás da cociña que xogando ó fútbol, pois a auga non deixou de caer en todo o encontro. Se a isto lle sumamos un colexiado pésimo ( para ambos bandos) e que non soubo frear o xogo duro dos rivais ( do que logo se contaxiaron os nosos), danos o resultado final de 4-1 en contra. Empezou o encontro igualado, cos nosos tratando de contrarrestar o xogo directo do rival, pero nun rexeite, aproveitan para poñer o 1-0, ó coller a Segade algo adiantado. Con esta tónica chegouse ó descanso, non sen antes perdoarlle a expulsión ó dianteiro rival, por tentar agredir a Liñeira ( 1º erro grave).

Na segunda metade o equipo saiu enchufado e con ánimo de levantar o encontro, pero as ocasións non acababan de entrar, e nesas estábamos cando nun saque longo do porteiro, Daniel non mide ben, o balón bota e supérao, aproveitando o seu dianteiro para batir a Segade e poñer o 2-0. De seguido o 2-1 por medio de Darío, e logo varias ocasións máis, coma un man a man de Chichi que tira fora. Noutra contra chega o 3-1 que parecía definitivo, pero aínda se puido entrar de novo no encontro se Chichi acertase a empuxar a portería vacía un pase de César. Xa no desconto chega o 4-1, por medio dun penalti que Segade deten en 1ª instancia, pero non o rexeite.

En definitiva, nova derrota, aínda que está vez non se pode dicir que non lle puxesen gañas, uns máis que outros, pero tentárono ata o final.

Aliñación: Segade, Ivan, Borja, Damian, Daniel, Joaquín, Liñeira, Chichi, Antón, César e Darío.

No hay comentarios: