jueves, 25 de diciembre de 2008

SEGUNDA VICTORIA CONSECUTIVA (XUVENILES)

No partido suspendido no seu día ante o San Marcos B, conseguiron os nosos xuveniles a súa segunda victoria en 3 días, máis que no resto da tempada; e é que últimamente o equipo está a creer nas súas posibilidades e non se amedrenta ante nada.
Como dicíamos, vistábanos o San Marcos B, reforzado con algún xogador do seu equipo A, pero iso non foi obstáculo para que os nosos impuxesen o seu mellor xogo, que de non ser pola excelente actuación do seu porteiro ( era un dos reforzos) o resultado puido ser moi abultado.
Comezou o encontro co dominio dos nosos, que non éramos capaces de traducir en gol, uhnas veces polo acerto do porteiro rival e outras polo desacerto dos nosos. Mediada a primeira metade, pasamos un pequeno bache de xogo, posibilitando dúas boas ocasións do rival, que Segade se encargou de desfacer.Logo disto o equipo refíxose e no tramo final deste período fomos moi superiores ó rival, que apoiado no bo facer do seu porteiro ante os disparos de Víctor e Liñeira, éste por dúas veces, logrou chegar ó descanso co 0-0 inicial.
Na segunda metade máis do mesmo, clara superioridade dos nosos, que non conseguían batir a portería rival, ata que de tanto que foi o balón cara a portería rival, Chichi remata, o porteiro toca o balón, pero non consegue evitar que o primeiro suba ó marcador. De seguido bo balón en profundidade para Chichi, que supera en velocidade á defensa rival e bate de tiro raso cruzado ó porteiro colocando o 2-0. De aquí ata o final, superioridade clara dos nosos que aínda acadaron dous goles máis, por medio de Samuel e César, pero puideron ser máis.
O peor do encontro a expulsión de Borja, por dobre amonestación a falla de dous minutos para o remate, coma sempre por tonterías.
Agardemos que o novo ano comeze como rematou este.

BO NADAL E PRÓSPERO ANO A TÓDOLOS INTEGRANTES DA S.D. TOURO.

No hay comentarios: