domingo, 2 de noviembre de 2008

1ª DERROTA EN INFANTILES

Non se sabe se foi o madrugón ( o partido foi ás 10,30 en Melide), se foi que era festivo ( e como é lóxico os festivos hai que descansar) , se foron as baixas en defensa ( diego con problemas físicos e Andrés fora da convocatoria por non asistir ós adestramentos) ou se foi a choiva que caeu con insistencia durante todo o encontro, pero o certo e que os nosos sairon fríos coma o día, e non estiveron no partido en ningún momento. Xa no minuto 5 encaixamos o primeiro e a partir de ahí recital de xogo e ocasións dos locais, ante un equipo o noso que onte simplemente non estaba. Dende ahí ata o final superioridade local, que foi aumentando a súa conta ata cerrar o 9-0 final.

Esperemos que só fose un mal día, e que se poida voltar á senda dos triunfos o vindeiro sábado ante o Lalín B.

Outros resultados:
- Amio 1 - Oroso B 4.
- Inmaculada 1 - Cidade B 0.
- Lalín B 0 - Cruces 9.
- San Pedro 3 - Tordoia 2.

1 comentario:

IcArO dijo...

Non deixes de analizar a xornada de infantiles. Pareceme unha moi boa inciativa pola tua parte. Xa sei que só é a opinión dunha persoa, pero parecenme analises moi traballados e sempre con sensatez e bo facer.

Adiante con ese analise

Saudos e gracias de anteman, e sobre todo, ánimo ós rapaces, que un tropezo teno ata o máis grande.