domingo, 23 de noviembre de 2008

EMPATE DOS BENXAMÍNS

Desta volta foi en Lalín, e ante un equipo dos da parte alta da táboa, e que só perdera un encontro.
Puidose gañar, puidose perder e ó final empatouse.Nun partido xogado de poder a poder, no que os nosos sairon enchufados dende o minuto 1, ben posicionados en defensa e tratando de saír con bo criterio en ataque, as ocasións foron escasas na primeira metade, destacando dúas boas intervencións do noso "Casillas" en sendos man a man co dianteiro rival. Os nosos dispuxeron de dúas aproximacións perigosas que non atoparon a rede rival. Así as cousas chegouse ó descanso co 0-0 inicial, e cos contendentes algo cansos polo esforzo realizado.
Despois duns pequenos consellos, e de beber algo de auga, saltaron ó terreo de xogo para continuar co encontro, e non sabemos se foi pola auga que nos caeu do ceo neses intres, os nosos comezaron algo fríos e na primeira xogada chega o tanto local nun despiste da defensa; pero lonxe de virse abaixo, seguimos empuxando e tras unha boa xogada de todo o equipo, Marcos asiste a Xian que bate ó cancerbeiro local poñendo un máis que merecido empate. Pouco duraría a alegría, pois o dianteiro local, aproveita un erro de Dani, para facerse co esférico e superar a Jesús por baixo. Voltamos a repoñernos e empatamos por medio de Brais cando xa estaba a rematar o encontro, nese intre o adestrador local, volta a introducir no campo ó seu dianteiro ( xa nos marcara 2) e os rivais dispoñen de dúas boas ocasións que entre os postes, Jesús, a defensa e un chisquiño de sorte, conseguen evitar o tanto local. de seguido chégase ó remate do encontro co resultado de 2-2, merecido, polo esforzo feito polos nosos cativos, que como algún pai di, ilusionan...................................................
Destacar desta volta o bo comportameno dos pais á hora de chegar ó campo, o que contribuíu a que se piudese quentar ben e prepararse para o partido.
- Aliñación: Jesús, Dani, David, Marcos, José, Xian (1) e Brais(1). Tamén xogaron Pena e Quintás.

No hay comentarios: