domingo, 26 de octubre de 2008

BENXAMÍNS ( DERROTA NO DEBUT)

Comezou a liga benxamín, e despois dun bo partido, rematamos derrotados por 5 goles a catro.

Nada máis comezar, encaixamos dous goles, de seguido o terceiro, e todo isto nos dez primeiros minutos, pero lonxe de virse abaixo, os cativos empregáronse a fondo e puxeron cerco á portería rival, creando múltiples ocasións de gol e anotando o 3-1 por medio de Xian á piques de chegar ó descanso.
Na segunda metade, seguimos presionando ó rival, e fruto desa presión, chegaron dous novos goles por medio de José e marcos, poñendo o empate a 3 no marcador, e premiando o labor dos nosos.

Logo o partido nivelouse, e en dous erros defensivos, puxéronse 5-3, pero como os nosos tiñan fame de gol, anotamos o 5-4 por medio de Brais, despois de loitar por un balón ata o final e rematar por introducilo na meta contraria, a falla de 2 minutos. Aínda puidemos acadar o empate pero David entretívose demasiado e fallou o remate a porta no último suspiro.

A vindeira xornada recibimos ó Callobre C.F., se os nosos seguen ca mesma ilusión e gañas, o triunfo pode ser noso. Ánimo e a adestrar duro esta semán.

No hay comentarios: