domingo, 24 de febrero de 2008

ALEVÍNS 1-2 EN BANDEIRA NUNHA BRAÑA

De tercermundista podemos calificar o terreo de xogo de Bandeira, que tras caer catro pingueiras de auga na noite do sábado ó domingo, presentaba un aspecto lamentable, habería que facer xogar ó político de turno para ver se así se daba conta do lamentable da situación. 20 nenos que veñén coa ilusión de xogar ó fútbol, e o único que acertan a facer e tratar de apuntarlle o balón naquel mar de barro e auga no que se convertera o terreo de xogo, pois ben un partido que non debería supoñer demasiado problema compricouse coa axuda inestimable do terreo de xogo. O noso equipo foi moi superior ós locais, errando unha morea de ocasións de gol, e o que é o fútbol no único tiro a gol de todo o partido dos locais, gol en contra, e ala a remar contra o contrario e o que é peor contra o "campo de fútbol ".Con este panorama comenzou a segunda metade e seguíamos na mesma errando múltiples ocasións de gol ata que alá polo minuto 15 da segunda metade e nun balón rexeitado raúl acerta a rematar e introducir o balón na portería contaria. De ahí ata o remate máis do mesmo ata que á saída dun corner a falla de dous minutos adrián acerta a rematar e introducir o balón no marco contrario.
Deste xeito superamos tódolos elementos en contra e conseguimos gañar o encontro.
NORABOA RAPACES POLA VOSA ENTREGA.

No hay comentarios: