domingo, 24 de febrero de 2008

3ª AUTONÓMICA TORDOIA B 2 - TOURO 1.

Partido ó que acudimos con moitas baixas por mor das lesións e das baixas de última hora e sen xuveniles, xa que xogaban ás 13 horas en sta. Cruz e non era posible o seu concurso. Despois dunha primeira metade sen ocasións por ambos bandos que chegou ó descanso con 0-0, comenzamos a segunda metade adiantándonos por medio de Alfonso de penalti, pero dúas decisións arbitrais polémicas priváronnos dos 3 puntos, xa que no minuto 38 e precedido de falta ó porteiro lograron empatar e xa no desconto nun claro fora de xogo encaixábamos o segundo, aínda que puidemos empatar nunha falta no desconto o marcador xa non se moveu. Parece que xogamos cun home menos, xa que o de negro ía con eles.

Aliñación: Quinteiro, Dani, Javier, Silva, Puga, Johny, Alfonso, Iván, Mosquera, Moisés e Javi.

No hay comentarios: