domingo, 2 de marzo de 2008

1ª VICTORIA DOS BENXAMÍNS

E na xornada 8 chegou a tan esperada primeira victoria, ante un rival que por primeira vez no que vai de liga, se presentou en touro cun equipo de prebenxamíns, o cal daba pe a tratar de sumar, xa que por unha vez íamos estar en igualdade de condicións.
Pois ben así foi e no descanso dominábamos por 5 a 1 con catro goles de Xurxo e un de david, na segunda metade minutos para os máis cativos e segundo gol deles de penalti, non sen a axuda do colexiado que coa complacencia do noso técnico sinalou un penalti que non foi tal, co fin de que os visitantes tamén tivesen o seu momento de gloria.

Formaron: Jesús, José,Iago,David,Dani,José Pampín, Xian, Adrián,Xurxo, Manuel Pampín e Marcos. Causaron baixa de última hora brais por unha fisura nunha man e tomás por enfermidade.

NORABOA RAPACES E A SEGUIR TRABALLANDO.

No hay comentarios: